Seoane ve a súa quinta amarela desde o banco e será baixa para a visita do Avilés
Por Manu Otero
O adestrador do Pontevedra, Ángel Rodríguez, non poderá contar co lateral Diego Seoane para o próximo partido no que o conxunto granate recibirá ao Real Avilés en Pasarón.
O lateral, cunha contractura na perna que lle impediu completar os noventa minutos no último partido contra o Unión Adarve, viaxou co grupo a Madrid malia non atoparse completamente recuperado das súas molestias. De feito, o técnico non o alineou, pero permaneceu no banco dos suplentes.
Co encontro xa resolto e tal e como recolle a acta arbitral, o lateral dirixiuse ao árbitro asistente para protestar unha das súas decisións e o colexiado mostroulle a tarxeta amarela. "Foi amonestado polo seguinte motivo: Dirixirse ao asistente Nº1 en sinal de disconformidad cunha das miñas indicacións", escribiu o árbitro valenciano Gordillo Escamilla.
Con esta amonestación, Diego Seoane acumula cinco tarxetas amarelas, polo que terá que cumprir un encontro de suspensión. Unha sanción que se produce no mellor momento, posto que o defensor dispoñerá dunha semana máis para recuperarse plenamente das súas molestias e regresar logo ao equipo sen estar apercibido.
Non era Seoane o único ameazado, outros catro xogadores granates suman catro tarxetas amarelas polo que si ven unha quinta terán que cumprir tamén un partido de sanción. Estes xogadores apercibidos son Churre, Brais Abelenda, Rubio e Charles.
Relacionadas:
-
O estado do céspede e un Avilés necesitado ameazan a un Pontevedra en modo cazador
Por Manu Otero |
-
Ángel Rodríguez rebaixa a euforia: "Non somos campións, a relaxación non a permito"
Por Manu Otero |
-
Pasarón agarda ao Real Avilés, un aspirante ao playoff ao que o Pontevedra empuxou ao precipicio
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra repite promoción e regala entrada aos seus socios para que Pasarón volva ser unha caldeira
Por Manu Otero |
-
Ángel Rodríguez: "Tocaba ser equipo máis que nunca e fomos un equipo con maiúsculas"
Por Almu Dapena |
-
Golpe enriba da mesa do Pontevedra en Navalcarnero (0-2) para poñerse a un punto do liderado
Por Diego Espiño |
-
Competición acepta o recurso do Pontevedra e invalida a quinta amarela de Churre
Por Diego Espiño |