O Pontevedra-Deportivo en Pasarón, na última xornada de liga
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol xa coñece o camiño que lle espera a próxima tempada na Primeira RFEF, e non podería contar cun inicio e un final máis esixente.
A Real Federación Española de Fútbol celebrou este venres o sorteo oficial do calendario para a nova tempada, que dará comezo a fin de semana do 28 de agosto.
Farao para os granates na casa fronte a un dos claros aspirantes ao ascenso de categoría, a AD Alcorcón, recentemente descendido desde a Segunda División. Será ademais un encontro con morbo, xa que a última vez que ambos os dous se mediron en partido oficial foi na fase de ascenso á categoría de prata da tempada 09-10, de ingrato recordo para os pontevedreses nunha polémica eliminatoria.
Ademais na primeira xornada daranse os seguintes choques: Deportivo-DUX Internacional, Celta B-Sanse, Córdoba-Unionistas, Linares-Mérida, Rayo Majadahonda-Racing de Ferrol, Fuenlabrada-Algeciras, Castilla-Linense, San Fernando-Ceuta e Cultural Leonesa-Badajoz.
Pero se certo morbo ten a xornada inaugural para o Pontevedra, non será menos a última da tempada regular (28 de maio). Nesa data, tamén no Estadio Municipal de Pasarón, chegará un dos partidos máis esperados do ano fronte ao Real Club Deportivo, outro dos candidatos ao ascenso de categoría.
O resto de partidos na xornada decisiva son: Alcorcón-Sanse, Fuenlabrada-Unionistas, Rayo Majadahonda-Mérida, Algeciras-Castilla, Linares-San Fernando, Ceuta-Linense, Racing de Ferrol-Celta B, Cultural Leonesa-DUX Internacional e Córdoba-Badajoz.
No que respecta a outras datas de interese, o Pontevedra vivirá o seu primeiro desplazamienzo na segunda xornada de liga cunha visita ao campo do San Sebastián de los Reyes, mentres que xogará no Estadio Municipal de Riazor fronte ao Deportivo xa na cuarta xornada (18 de setembro), ao tratarse dun calendario asimétrico.
Consulta aquí o calendario completo da Primeira RFEF para a tempada 22-23.
Relacionadas:
-
Publicados os horarios das dúas primeiras xornadas de Primeira Federación: Pontevedra - Alcorcón, o día 28 ás 19.30 horas
Por Manu Otero |
-
A incógnita do DUX Internacional de Madrid: Chegará a visitar Pasarón na terceira xornada de liga?
Por Diego Espiño |
-
Conta atrás de Seoane para chegar recuperado ao comezo de liga: "Quedan 26 días por diante e estou a mellorar moito"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra golea o Vilalonga no segundo test de pretempada (0-6)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Mario Ortiz convértese na segunda fichaxe do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Derik Osede súmase aos adestramentos do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra 'iza velas' coa súa campaña de socios para a Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
Cinco rivais do Pontevedra, con céspede a estrear
Por Diego Espiño |
-
O Xuíz de Competición valida a inscrición do Pontevedra na Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
Entradas a 15 euros para os afeccionados que acompañen o Pontevedra nos partidos fóra de Pasarón
Por Redacción |
-
Catro duelos inéditos e tres contas pendentes para o Pontevedra na súa estrea na Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
A Primeira RFEF, unha categoría de 11.565 quilómetros para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Andaluces, estremeños, leoneses, madrileños e o Ceuta, rivais do Pontevedra para a liga de Primeira RFEF
Por Diego Espiño |