Conta atrás para un Medio Maratón de Pontevedra que recupera forza con 2.000 prazas dispoñibles
Por Diego Espiño
Superados dous anos complicados, nos que non deixou de celebrarse pero tivo que adaptarse á complicada situación sanitaria, o Medio Maratón de Pontevedra organizado pola Sociedad Gimnástica prepararse para volver á normalidade máis absoluta na que será a súa XXVII edición.
A popular proba deportiva inicia a conta atrás cara ao domingo 16 de outubro, data na que se celebrará de novo nun circuíto homologado polas rúas da cidade e cun número de prazas dispoñibles que sobe ata as 2.000.
Polo momento, ao 27 de setembro, son preto de 350 os deportistas confirmados para o evento de 21,1 quilómetros de distancia (1.400 prazas) e a carreira reducida de 10 quilómetros (600 prazas) que complementa o Medio Maratón desde hai uns anos, pero espérase que esa cifra se incremente considerablemente conforme se achegue o día, sobre todo tendo en conta que este ano a carreira terá catalogación de Campionato Galego de Medio Maratón.
As inscricións, que poden formalizarse no portal carreirasgalegas.com, teñen un custo de 20 euros ata o día 30 de setembro e de 25 euros ata o peche das mesmas o 9 de outubro, 10 e 15 euros respectivamente para a carreira de 10.000 metros.
En canto aos seus horarios, está previsto que a actividade o 16 de outubro comece con carreiras de menores ás 10.20 horas da mañá na pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Despois, xa na contorna da ponte dos Tirantes, darase a saída ás 10.40 horas á carreira curta e ás 11.00 horas á proba estrela, o medio maratón.
Relacionadas:
-
O Medio Maratón celebra os seus 40 anos cun milleiro de corredores
Por Manu Otero |
-
A Policía Local informa dos cortes de tráfico previstos polo Medio Maratón de Pontevedra
Por Redacción |
-
Reyes Estévez apúntase ao Medio Maratón de Pontevedra
Por Redacción |
-
Manuel Hurtado e Edymar Brea corónanse no Medio Maratón de Pontevedra
Por Redacción & Cristina Saiz |