Reyes Estévez apúntase ao Medio Maratón de Pontevedra
Por Redacción
O Medio Maratón de Pontevedra contará este ano cunha das figuras máis importantes que deu nos últimos anos o atletismo español: Reyes Estévez, exatleta de elite galardoado como mellor atleta no ano 1998.
Nacido en Cornellá de Llobregat en 1976, Reyes estará na liña de saída da popular proba deportiva pontevedresa do 16 de outubro, para a que, unha vez pechado o primeiro prazo de inscricións, xa hai case 400 rexistrados para participar na distancia longa de 21,5 quilómetros (1.400 prazas) e case 200 para a curta de 10 quilómetros (600 prazas). Ademais, na proba dos máis pequenos, presentada por primeira vez este ano, o numero de apuntados rolda os 40 rexistrados.
Reyes Estévez conta cun extenso palmarés, pero foi entre os anos 1993 e 2010 cando conseguiu os seus máximos logros. Entre eles atópanse os bronces nos mundiais ao aire libre de Atenas 1997 e 1999; un campionato europeo en Budapest 1998; dous subcampeonatos, un en Lisboa 2001 baixo teito e outro en Munich 2002 ao aire libre; e dous terceiros posto no Europeo de Madrid 2005, un nos 1500 metros libres e outro nos 3000.
INSCRICIÓNS PARA O MEDIO MARATÓN
O primeiro prazo de inscricións para o Medio Maratón xa concluíu, pero lembran desde a Sociedad Gimnástica que aínda quedan prazas vacantes para quen queira apuntarse a participar.
As inscricións poden formalizarse a partir do portal carreirasgalegas.com por un custo de 25 euros para o medio maratón. Para a proba dos 10 quilómetros, o prezo para anotarse é de 15 euros.
Relacionadas:
-
Reyes Estévez e Marta Prieto, reinan no Medio Maratón de Pontevedra
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Reyes Estévez, padriño do medio maratón de Pontevedra, augura grandes éxitos para o atletismo español e galego en París 2024
Por Manu Otero |
-
O Medio Maratón celebra os seus 40 anos cun milleiro de corredores
Por Manu Otero |
-
A Policía Local informa dos cortes de tráfico previstos polo Medio Maratón de Pontevedra
Por Redacción |
-
Conta atrás para un Medio Maratón de Pontevedra que recupera forza con 2.000 prazas dispoñibles
Por Diego Espiño |
-
A Federación Galega sitúa á Gimnástica como o mellor equipo feminino do 2021
Por Redacción |
-
Iñaki Cañal, da Gimnástica, contribúe ao cuarto posto da remuda española no europeo de Múnich
Por Redacción |
-
Charo Castro renova o seu compromiso como presidenta da Gimnástica ata 2026
Por Diego Espiño |
-
Manuel Hurtado e Edymar Brea corónanse no Medio Maratón de Pontevedra
Por Redacción & Cristina Saiz |