España pecha o Mundial de grappling e grappling-gi con 44 medallas
Por Redacción
A Selección Española pechou este sábado a súa participación no Mundial de Grappling e Grappling-gi celebrado no Pavillón Municipal de Pontevedra con seis medallas na última xornada de competición que, sumadas ás 38 acadadas nas tres primeiras xornadas, fan un total de 44.
Con dous ouros e catro bronces, España puxo o broche de ouro a un campionato redondo no que os galegos Pablo Vázquez, María José Raja e Vanesa Muíños non puideron subir ao podio.
Nico Medina (-77 kg), campión do mundo de grappling o día anterior, e Arturo Salas (-84 kg), lograron os dous ouros da última xornada. Salas, compartiu podio co tamén español Alberto González, quen un dos catro bronces nacionais. O resto de metais foron de Pablo Estepa (-93 kg), Naiomi Matthews (-53 kg) e Merytxel González (-74 kg).
Con estas medallas e sumadas ás das xornadas anteriores, España situouse segundo no medalleiro dun campionato que Kazajistán dominou dende o principio e no que finalmente logrou 23 ouros e un total de 56 medallas, superando á Selección Española en 13 ouros e 12 metais.
Pontevedra chega así ao ecuador dos 15 días nos que se converteu na capital da loita mundial. Será a partir do luns cando comece a celebración do Campionato de Loita Olímpica.
Relacionadas:
-
Nerea Pampín queda sen opcións de bronce ao ceder na repesca do Mundial Sub-23
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Yui Susaki, un ciclón deportivo que inscribiu a Pontevedra nos libros de historia da loita mundial
Por Diego Espiño |
-
Nerea Pampín, á repesca no Mundial Sub-23 de Loita
Por Diego Espiño |
-
A loita feminina entra en escena no Campionato do Mundo Sub-23
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Voluntarios, servizos, infraestruturas... o que non se ve dos mundiais de loita de Pontevedra
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Pontevedra inaugura o Mundial Sub23 de Loita mirando cara ao futuro: "Agardamos acoller algún Europeo absoluto"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Choiva de medallas para España nas primeiras xornadas dos mundiais de loita
Por Manu Otero |
-
Yui Susaki, unha campioa olímpica e mundial que busca en Pontevedra o 'Grand Slam' da loita
Por Diego Espiño |
-
Nove mundiais, setenta países e 1.100 deportistas para "o evento de loita máis importante da nosa historia"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Pontevedra, preparada para ser sede da loita mundial durante as próximas dúas semanas
Por Redacción |