O Tenerife, rival do Pontevedra na segunda rolda da Copa do Rei
Por Manu Otero
O Pontevedra xa coñece ao seu rival para a próxima rolda da Copa do Rei. O sorteo celebrado esta tarde de mércores na sede da RFEF de Las Rozas deparou un cruzamento entre o equipo granate e o CD Tenerife, equipo que milita na liga Smart Bank.
As eliminatorias celebraranse entre os días 20 e 22 de decembro na cancha do equipo de menor categoría e a partido único, polo que o conxunto granate terá a vantaxe de xogarse o pase a dazaseisavos de final ante o seu público.
O sorteo foi dirixido, de modo que os rivais de Primeira División fóronse emparellando cos equipos de Segunda Federación e dos que chegaron a esta fase da Copa a través da Copa do Rey. Destes cruces, o máis destacado é o que enfrontará ao CD Arenteiro, que eliminou ao Almería, co Atlético de Madrid.
Cos rivais da liga Santander fóra do seu alcance, os de Primeira Federación serían emparellados si ou si con equipos da liga Smart Bank. A do Pontevedra foi a penúltima bóla en saír, cando xa estaban asignados a maior parte de equipos desta categoría.
O adestrador do Pontevedra, Antonio Fernández, fixo unha valoración dos rival minutos despois do sorteo. "Tocounos un dos clásicos de Segunda División. O ano pasado xogaron o playoff para subir a Primeira División. Levaban anos facendo as cousas ben pero este ano está a tres puntos da zona de descenso. É un equipo atractivo, con nome e que será un orgullo recibilos en Pasarón", declarou o técnico granate.
Aínda está moi lonxe este enfrontamento, pero asegura o preparador granate que "prepararemos a eliminatoria o mellor posible para tentar superalos".
O CD Tenerife marcha actualmente na zona media baixa da clasificación, con 17 puntos e unha vantaxe de só tres puntos cos postos de descenso. Chegou a esta rolda da Copa do Rei despois de eliminar a domicilio o Lealtad de Villaviciosa por 0-2.
No seu plantel contan con prometedores xogadores formados en categorías de equipos de Primeira División, como é o caso de Borja Garcés (Atlético de Madrid), Waldo Rubio (Valladolid) ou Juan Soriano e Iván Romero (Sevilla).
Aínda que non hai exgranates nas súas filas, si que hai xogadores que saben o que é xogar en Pasarón. É o caso do atacante Eladi, que hai dúas tempadas caeu eliminado da Copa en Pontevedra cando militaba no Cartagena. Ademais, o groso do seu plantel conta cunha dilatada experiencia nas dúas principais categorías do fútbol español.
O adestrador do CD Tenerife é outro trotamundos do balompé nacional. Luís Ramis dirixiu a equipos da talla do Real Madrid Castilla, o Albacete ou o Almería antes de chegar en novembro do 2020 ao banco do Heliodoro Rodríguez López para substituír ao cesado Fran Fernández, actual mánager do Alcorcón. Como xogador, Ramis vestiu as camisetas do Dépor e do Racing de Ferrol, club no que se retirou.
Pontevedra e Tenerife víronse as caras ao longo da súa historia en 16 ocasións, que se saldaron con 8 triunfos canarios, por catro galegos e outros catro empates. O último enfrontamento data do ano 2005, cando ambos os equipos militaban en Segunda División. En Pasarón, na primeira volta empataron a un tanto, mentres que na segunda volta non houbo goles.
Os cruces anteriores son da década dos anos 80 e 70 en Segunda División B e Segunda División.
¡¡Configurada la segunda eliminatoria de la #CopaDelRey!!
— RFEF (@rfef) November 16, 2022
Ronda a partido único.
Encuentros entre el 20, 21 y 22 de diciembre.
¡¡Mucha suerte a todos!!#LaCopaMola pic.twitter.com/OGTdefUebF
Relacionadas:
-
Gueye vístese de Papa Noel e regala a Pontevedra unha nova festa de Copa á conta do Tenerife (2-1)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra ponse en modo Copa coa "máxima ilusión" e seguros de que "teremos posibilidades"
Por Manu Otero |
-
Roelio volve a Pasarón polo Nadal para un brinde copeiro
Por Manu Otero |
-
Promocións para a Copa do Rei, con entrada de balde para menores de 16 anos
Por Diego Espiño |
-
Un Pontevedra con "mentalidade gañadora" viaxa a Ceuta a por a súa primeira vitoria a domicilio
Por Almu Dapena |
-
A visita do CD Tenerife a Pasarón pola Copa do Rey será o 21 de decembro ás 21 horas
Por Manu Otero |
-
Un Pontevedra camaleónico no táctico testa a súa melloría contra o Fuenlabrada, segundo peor visitante do grupo
Por Manu Otero |
-
Un equipo de Segunda División en Pasarón para a segunda rolda da Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
6,7 segundos! O gol en propia meta de Churre en Manresa, directo ao libro dos récords
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra remonta en Manresa e sela o seu pase á seguinte rolda da Copa do Rei (1-3)
Por Almu Dapena |
-
Antonio Fernández: "A Copa non se xoga todos os anos, hai que darlle o valor que ten"
Por Diego Espiño |
-
O Manresa de Segunda RFEF, rival do Pontevedra na primeira rolda da Copa do Rei
Por Diego Espiño |