Álex Chan, convocado con Estados Unidos para o Mundial de Polonia e Suecia: "Non foi unha sorpresa"
Por Almu Dapena
Quedou sen Mundial en 2021 por un brote de coronavirus no combinado norteamericano, pero parece que esta vez vai a vencida. O xogador do Club Cisne Balonmano Álex Chan foi convocado pola Selección de Estados Unidos para disputar o Campeonado do Mundo que se disputará do 12 ao 29 de xaneiro en Polonia e Suecia.
"Non foi unha sorpresa", admitiu Chan unha vez coñecida a convocatoria. "Desde que competimos os últimos meses o equipo está bastante armado e os xogadores que foron ás convocatorias son os elixidos", explicou o xogador, que posúe a nacionalidade estadounidense grazas á súa nai, nacida alén do charco.
Consciente do complicadas que son este tipo de competicións, comandadas polas seleccións europeas, Álex Chan confía nas opcións do seu equipo a pesar de que "o nivel é moi alto".
"Haberá que ver ata onde podemos chegar. Marrocos -encadrada con EEUU no Grupo G- é a máis parella ao noso nivel", pero recoñece que agora "as seleccións suramericanas están a reforzarse e equiparando" aínda que "as mellores seguen sendo as europeas".
O soño americano do xogador cisneísta está cada vez máis preto e chegará tras "un parón moi necesario" da liga Asobal. A escasa rotación provocada polas lesións fixo que tanto Álex Chan como varios compañeiros tivesen pouco descanso e, "aínda que non tiven ningunha lesión, acumulei moitos minutos e para chegar a unha competición tan importante como un Mundial é necesario chegar preparado", sinala.
En cando ao Cisne e ás súas opcións de manterse na máxima categoría do balonmán español, o central admite que "queda moito aínda e é moi precipitado dar unha valoración, está todo moi aberto por abaixo. Todo o persoal fixemos bos partido, pelexado contra equipos que están arriba e gañado a rivais directos. Todo depende de como cheguen o resto de equipos despois do Mundial e a sorte que teñamos" pero admite que "podemos seguir na loita".
Os grupos do Mundial de Polonia e Suecia 2023 son os seguintes:
- Grupo A: España, Montenegro, Chile e Irán
- Grupo B: Francia, Polonia, Arabia Saudita e Eslovenia
- Grupo C: Suecia, Brasil, Cabo Verde e Uruguai
- Grupo D: Corea do Sur, Hungría, Islandia e Portugal
- Grupo E: Alemaña, Alxeria, Qatar e Serbia
- Grupo F: Arxentina, Macedonia, Noruega e Países Baixos
- Grupo G: Croacia, Exipto, Estados Unidos e Marrocos
- Grupo H: Bahréin, Bélxica, Dinamarca e Tunes
Relacionadas:
-
Os cisneístas Chan e Furtado despídense do mundial cun MVP cada un
Por Manu Otero |
-
Torrelavega, Braga e Aguas Santas dan lustre a unha esixente segunda edición do trofeo de balonmán Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Os cisneístas Álex Chan e Gualther Furtado avanzan á main round do mundial con Estados Unidos e Cabo Verde
Por Manu Otero |
-
O Atlético Novás supera o Cisne e leva o Memorial Luaces (22-24)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Nova lesión de Gabriel Cavalcanti: estará ao redor dun mes de baixa
Por Diego Espiño |
-
O Nadal queda atrás para o Cisne cunha volta ao traballo chea de ausencias
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O pivote Calin Dedu incorpórase ao Cisne cedido polo Dinamo de Bucarest
Por Oskar Viéitez |
-
Gualter Furtado, primeiro xogador do Cisne convocado para o Mundial
Por Diego Espiño |
-
Álex Chan roza o MVP de setembro na Liga Asobal
Por Diego Espiño |
-
Álex Chan e Roney Franzini, os piares dun Cisne de doce
Por Diego Espiño |
-
Álex Chan, de volta a Pontevedra tras quedar sen Mundial pola covid-19: "EEUU hubiese sorprendido a mucha gente"
Por Diego Espiño |
-
Álex Chan queda sen Mundial de balonmán por un brote masivo de Covid na selección de Estados Unidos
Por Diego Espiño |
-
Álex Chan pasa a última criba e xogará o Mundial de balonmán con EEUU: "Para mí es un orgullo"
Por Diego Espiño |