Jéssica Bouzas volve gañar e ponse a un paso de entrar no cadro final do seu primeiro Grand Slam
Por Redacción
A tenista vilagarciá Jéssica Bouzas (183) está a un só partido de clasificarse por primeira vez para o cadro final dun Grand Slam. A prometedora deportista disputa estes días por primeira vez na súa carreira as roldas previas do Open de Australia, nas que xa deixou atrás a neerlandesa Arantxa Rus (117) e á australiana Ellen Pérez (362).
En primeira rolda, a arousá derrotou ao seu rival con solvencia por 6-4 e 6-0. Mentres que na madrugada deste mércores volveu demostrar todo o seu potencial para deixar atrás ao seu rival por 6-3 e 6-2 en menos dunha hora de xogo.
Este último partido comezou con vantaxe para a tenista local, pero con 2-3 no marcador do primeiro set, a galega fíxose con cinco xogos seguidos para adxudicarse o primeiro set.
A segunda manga comezou cun intercambio de golpes entre ambas as contendentes que Bouzas resolveu con catro xogos consecutivos que lle poñían a vitoria en bandexa. Logrou reducir distancias Pérez, pero a galega aproveitou o seu servizo para liquidar a eliminatoria e plantarse na última das roldas previas da súa primeira aparición nun Grand Slam.
Jéssica Bouzas medirase na madrugada deste xoves á checa Brenda Fruhvirtova, que sumou no ano 2022 con só 15 anos de idade un total de oito títulos de nivel W25 e que ocupa actualmente o posto 135 do ranking WTA. Un duelo entre dúas firmes promesas do tenis mundial que lles abrirá as portas dun debut no Open de Australia.
Relacionadas:
-
Jessica Bouzas cae ante a alemá Tamara Korpatsch en cuartos do WTA 125k de Valencia
Por Almu Dapena |
-
Jéssica Bouzas cae na fase previa de Roland Garros tras unha batalla de máis de dúas horas contra a local Fiona Ferro
Por Redacción |
-
Jéssica Bouzas vende cara a súa derrota na última rolda da fase previa do Open de Australia
Por Redacción |
-
Jéssica Bouzas supera con solvencia a primeira rolda previa do Open de Australia
Por Redacción |
-
Jéssica Bouzas, no equipo español da United Cup xunto a Rafa Nadal e Paula Badosa
Por Redacción |
-
Jéssica Bouzas, por primeira vez entre as 200 mellores raquetas do ranking WTA
Por Redacción |