Jéssica Bouzas supera con solvencia a primeira rolda previa do Open de Australia
Por Redacción
A dous partidos de meterse por primeira vez na súa carreira no cadro final dun Grand Slam está xa Jéssica Bouzas, que este martes de madrugada (hora española) pasou con solvencia a primeira rolda previa do Open de Australia.
A tenista arousá tiña enfronte a unha xogadora con mellor ranking (117 do mundo) e experiencia, que chegou de feito a figurar no posto 61 da clasificación WTA, como é a neerlandesa Arantxa Rus, pero demostrou o gran momento de forma que vive para superar a papeleta.
Bouzas, que comezou con dúbidas os dous primeiros xogos, empezou a carburar entón coa súa primeira rotura do partido dando a volta a un primeiro set que se pechou en 6-4. Despois diso a segunda manga foi un monólogo cun contundente 6-0. Todo iso en só unha hora e doce minutos sobre a pista do Melbourne Park.
Agora Jéssica, actual número 183 do ranking, medirase na segunda rolda da previa en Australia a unha xogadora local que accedeu ao cadro con invitación, Ellen Perez.
Relacionadas:
-
Jessica Bouzas cae ante a alemá Tamara Korpatsch en cuartos do WTA 125k de Valencia
Por Almu Dapena |
-
Jéssica Bouzas cae na fase previa de Roland Garros tras unha batalla de máis de dúas horas contra a local Fiona Ferro
Por Redacción |
-
Jéssica Bouzas vende cara a súa derrota na última rolda da fase previa do Open de Australia
Por Redacción |
-
Jéssica Bouzas volve gañar e ponse a un paso de entrar no cadro final do seu primeiro Grand Slam
Por Redacción |
-
Jéssica Bouzas, no equipo español da United Cup xunto a Rafa Nadal e Paula Badosa
Por Redacción |
-
Jéssica Bouzas, por primeira vez entre as 200 mellores raquetas do ranking WTA
Por Redacción |
-
A tenista arousá Jéssica Bouzas consegue un ouro e un bronce nos Xogos Mediterráneo
Por Manu Otero |