Jéssica Bouzas cae na fase previa de Roland Garros tras unha batalla de máis de dúas horas contra a local Fiona Ferro
Por Redacción
Este luns 22 de maio Jéssica Bouzas estreaba o mellor ranking da súa carreira, co posto 173 da clasificación WTA, pero a alegría non puido ser completa ao despedirse do seu primeiro Roland Garros na primeira eliminatoria da fase previa.
O certo é que a tenista arousá tiña en fronte a unha dura rival, a francesa Fiona Ferro, que accedeu ao cadro como convidada polo seu baixo ranking actual pero que en 2021 chegou a ser a raqueta número 39 do mundo.
Bouzas vendeu cara a súa derrota en máis de dúas horas de partido e tres intensas mangas.
A primeira caeu de lado da deportista local por 6-3, pero Jéssica devolveu o golpe no segundo set cun claro 1-6. Todo se decidiría no terceiro e último set, que se decantou ao lado de Ferro por 6-1.
A pesar da lóxica decepción Jéssica Bouzas queimou unha nova etapa en París estreándose no grand slam de terra batida nunha tempada na que aspira a seguir progresando no ranking.
Relacionadas:
-
O Torneo de Tenis de Verán de Vilagarcía entra na recta final
Por Redacción |
-
Jéssica Bouzas avanza a segunda rolda na fase previa de Wimbledon
Por Manu Otero |
-
Jessica Bouzas cae ante a alemá Tamara Korpatsch en cuartos do WTA 125k de Valencia
Por Almu Dapena |
-
Jéssica Bouzas vende cara a súa derrota na última rolda da fase previa do Open de Australia
Por Redacción |
-
Jéssica Bouzas volve gañar e ponse a un paso de entrar no cadro final do seu primeiro Grand Slam
Por Redacción |
-
Jéssica Bouzas supera con solvencia a primeira rolda previa do Open de Australia
Por Redacción |
-
Jéssica Bouzas, no equipo español da United Cup xunto a Rafa Nadal e Paula Badosa
Por Redacción |