San Brais abre o ano de carreiras populares con 349 rexistrados
Por Diego Espiño
A XI edición da Carreira Pedestre San Brais, que se celebrará o vindeiro domingo 29 de xaneiro, foi presentada este xoves no Concello de Pontevedra co desaparecido circuíto de carreiras populares municipal no recordo.
"Sería interesante que ese circuíto de carreiras se poida ir recuperando", recoñeceu o edil de Deportes, Tino Fernández, pensando en probas como a de Salcedo que desapareceron no seu momento pero que se puideron recuperar.
A Carreira Pedestre San Brais abría no seu momento ese circuíto municipal de eventos populares, e agora será igualmente a primeira cita do ano satisfeitos co interese mostrado polo deportistas pero sobre todo "pola participación dos nenos", explicou a presidenta da Asociación de Veciños Salcedo Norte, Mónica Lustres, lembrando a edición de 2022 e cuns números este ano "que superamos".
En total serán 349 os deportistas que participarán na proba, 199 deles nas categorías para menores de idade.
No que respecta a a carreira, o percorrido será lixeiramente máis longo que outras edicións (6.615 metros) cun trazo mixto que inclúe tres tramos de terra. Todo iso con saída e chegada ao Centro Comercial Carrefour.
As encargadas de abrir fogo serán as categorías de base desde as 11.15 horas da mañá ata chegar ás 12.30 horas, cando se dará saída á carreira absoluta.
Relacionadas:
-
Bo ambiente, sol e deporte para gozar da XI Carreira Pedestre San Brais
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Dispositivo especial de tráfico con motivo da Carreira de San Brais
Por Redacción |
-
San Brais celébrase en Salcedo con deporte, un serán cultural ou un baile
Por Redacción |
-
San Brais estreará o ano de carreiras populares o día 29 de xaneiro
Por Redacción |
-
O Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra non terá sexta edición
Por Diego Espiño |