A primeira Copa Galicia de piragüismo sprint levanta o pano competitivo do Pontillón do Castro
Por Manu Otero
A tempada de piragüismo en Pontevedra comeza este sábado coa celebración no encoro do Pontillón do Castro da primeira edición da Copa Galicia en modalidade sprint.
Trátase dunha competición nova que a Federación Galega puxo en marcha este ano. Está pensada para fomentar a competitividade entre aqueles clubs e padeeiros que non compiten habitualmente en probas de ámbito nacional e que consta de seis regatas, con diferentes especialidades e distancias, das que xa se celebraron tres.
A cuarta etapa terá lugar na mañá deste sábado nas augas do complexo deportivo David Cal de Verducido. Alí daranse cita un total de 300 deportistas de categoría xuvenil, sénior e paracanoe, que pertencen a 25 clubs de toda Galicia. Entre as 9 e as 14 horas, haberá competicións de C2, C4, K2 e K4 sobre as distancias de 200 e 1000 metros, que son as especialidades que se disputarán nos próximos Xogos Olímpicos.
No caso do paracanoe, haberá carreiras individuais sobre a distancia dos 500 metros, puntualizou o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Fredi Bea, na presentación do evento que tivo lugar este mércores no Concello de Pontevedra.
Coa celebración deste evento levántase o pano a un ano que promete estar tan cargados de eventos de ámbito autonómico, nacional e internacional como o pasado, no que se chegaron a organizar en Pontevedra un total de seis competicións estatais. Algo que non cambiará, pois Pontevedra será sede este ano do primeiro campionato de España de piragüismo en idade escolar que traerá á Boa Vila a máis de 2.000 cadetes e infantís de toda España.
Neste sentido, o dirixente federativo quixo agradecer o compromiso e colaboración mostrado ao longo dos últimos anos polo concelleiro de Deportes, Tino Fernández. Pola súa banda, o socialista comprometeuse a manter a aposta do goberno local polo piragüismo coa ampliación do convenio de colaboración entre ambas as institucións porque "funciona moi ben".
Relacionadas:
-
Medio milleiro de padexeiros fará vibrar as augas do Pontillón do Castro na Copa de España de Promesas
-
A carreira olímpica comeza en Trasona cun selectivo fratricida
Por Manu Otero |
-
Unha trintena de equipos mídense este sábado en Verducido na primeira Copa Galega de Sprint cadete e veterano
Por Redacción |
-
O equipo feminino da EP Ciudad de Pontevedra domina a I Copa Galega de Sprint 2023
Por Redacción |
-
Dominio pontevedrés no Campionato de España de Inverno
Por Redacción |
-
Teresa Portela, Antía Jácome e os mundiais de loita de Pontevedra, entre os premiados no gala Deporte Galego 2019-2022
Por Redacción |
-
O Ciudad de Pontevedra exhibe poderío no autonómico de barcos de equipo
Por Redacción |
-
Antía Jácome e María Corbera "unen forzas" en busca do billete olímpico no C2-500
Por Redacción |