Lupe Murillo devolve o custo das entradas aos afeccionados desprazados a Talavera
Por Diego Espiño
A derrota do Pontevedra Club de Fútbol o pasado domingo en Talavera supuxo un pau enorme para todos os granates, que se ven xa na Segunda RFEF a tres xornadas para o final da competición.
Máis se cabe o foi para o grupo de valentes que percorreron os máis de 650 quilómetros que separan á Boa Vila da cidade manchega para ver en directo o partido confiando nunha vitoria do seu equipo que achegase o obxectivo da permanencia.
Un autocar de afeccionados partiu ás 3.00 horas da madrugada do propio domingo desde o Pavillón Municipal dos Deportes para chegar a Talavera pouco antes do partido, sufrir a desfeita do seu equipo e volver a casa chegando ao fío da medianoite. Toda unha malleira.
A eles, cara ás bancadas do Estadio Municipal El Prado, dirixiuse o plantel do Pontevedra nada máis finalizar o encontro pedindo desculpas por non poder sumar os tres puntos en xogo, nunhas imaxes captadas e compartidas polo propio club.
Infinitas grazas a afección desprazada a Talavera
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) May 7, 2023
Sodes a nosa forza #HaiQueRoelo pic.twitter.com/aUM6svm7xF
Pero a cousa non quedou aí e segundo puido confirmar PontevedraViva a propia presidenta da entidade granate, Lupe Murillo, decidiu devolver o diñeiro desembolsado polos afeccionados desprazados a Talavera. Así se lle trasladou aos integrantes do autobús de seguidores, aos que se lles emprazou a pasar ao longo da semana polas oficinas de Pasarón para recibir os 15 euros que custaron os tickets. Un diñeiro que poñerá do seu propio peto a dirixente.
Un acto que aínda que non arranxa a decepción vivida en Talavera supón polo menos un sinal de empatía cara a unha afección que esta tempada levou poucas alegrías.
Relacionadas:
-
O Pontevedra asómase ao precipicio de Segunda RFEF tras empatar ante Unionistas (1-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra publica o prezo das entradas para o último partido de liga fronte ao Deportivo: a máis barata, a 20 euros
Por Diego Espiño |
-
Señor pide aos seus xogadores mellorar o "sacrificio solidario e defensivo" do equipo para agarrarse ás súas últimas opcións
Por Diego Espiño |
-
As difíciles contas do Pontevedra para seguir con vida na Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
O peor Pontevedra a domicilio dos últimos 42 anos
Por Diego Espiño |
-
Gonzalo Bueno, un sorprendente debut co Pontevedra en Talavera
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra B certifica o seu ascenso a Terceira RFEF
Por Diego Espiño |
-
Señor admite que "la cosa se pone muy complicada" pero non dá ao Pontevedra por descendido "mientras matemáticamente no esté"
Por Oskar Viéitez |
-
Un Pontevedra sen ambición naufraga en Talavera e deixa escapar o tren da permanencia (4-2)
Por Diego Espiño |