O Marín Futsal, sen premio na final da Copa Galicia ante a pegada do Burela (1-5)
Por Redacción
Non puido ser. O Marín Futsal quedou sen premio na final da Copa Galicia de Fútbol Sala celebrada este mércores 17 de maio na localidade coruñesa de Noia.
A pegada e poderío dun experimentado Burela Pescados Rubén foi demasiado para o cadro marinense, que vendeu a pesar diso cara a súa pel.
A iniciativa foi de Burela, que aos 8 minutos de partido adiantouse cun gol de Antía Pérez, pero as xogadoras adestradas por Ramiro Díaz non lle perderon a cara ao duelo mantiendo intactas as súas opcións ao descanso cun marcador que seguía sendo mínimo.
O gol de Dany ao comezo da segunda metade para as lucenses si cambiou o panorama, cun Marín Futsal obrigado a arriscar.
As do Morrazo deron entón un paso á fronte e atopando premio co 1-2 de Ale de Pazo só tres minutos despois, no 25 de xogo.
A emoción mantíñase ao grande, pero no ecuador do segundo acto un erro na saída do Marín Futsal desembocou no 1-3 de Peque que poñía xa o título moi complicado.
Ramiro Díaz apostaba polo xogo de cinco en busca da remontada, pero fíxoo sen acerto e o que chegou foi a sentenza de Burela cos goles Emily e Patricia.
Relacionadas:
-
Poio Pescamar e Marín Futsal cítanse nas semifinais da Copa Galicia
Por Redacción |
-
María Estévez, primeira pedra na reconstrución do Marín Futsal
Por Redacción |
-
Silvia Aguete tamén pon punto e final á súa etapa no Marín Futsal
Por Redacción |
-
As saídas de Ceci e Pau abren a tempada de cambios no Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar empata co Marín e xogarase o segundo posto ante o Burela (2-2)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Un Derbi da Ría "anecdótico" entre un Marín Futsal e un Poio Pescamar cos deberes feitos
Por Redacción |
-
Dous goles no último minuto dan a vitoria ao Marín Futsal ante o Teldeportivo (3-4)
Por Redacción |
-
Trepidante partido do Marín Futsal con vitoria sobre Alcantarilla para certificar a permanencia (4-3)
Por Ramiro Espiño |
-
Amargo adeus do Marín Futsal en cuartos de final de Copa da Raíña (1-2)
Por Diego Espiño |