O Galicia Sportech Congress reivindícase en Pontevedra como "referente a nivel nacional e internacional" na súa terceira edición
Por Diego Espiño
A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acollerá do 12 ao 14 de xuño a terceira edición do Galicia Sportech Congress, un evento "referente a nivel nacional e internacional" na transformación dixital e o uso das novas tecnoloxías aplicadas ao mundo do deporte.
"É un congreso no que a nosa obsesión é que se xere negocio", asegurou David Suárez, representante da organización, na presentación das xornadas acompañado do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
Suárez afirmou que "nos pediron que fixésemos o congreso en cidades máis grandes, e mesmo en Andorra, pero o compromiso con Pontevedra é claro".
Durante tres xornadas (a primeira en liña e as outras dúas con formato presencial) organizaranse mesas redondas, un 'speaker corner' para coñecer proxectos de startups relacionadas co mundo do deporte e tambinén novas ideas de diferentes industrias deportivas.
Entre as persoas que pasarán polo Galicia Sportech Congress atópanse deportistas da talla do triatleta Javier Gómez Noya ou do futbolista Denis Suárez, así como representantes do Johan Cruyff Institute, Adidas, Sport Data Campus, La Liga, o representante nacional da NBA ou tamén de ACB e o World Padel Tour.
En total formalizáronse máis de 300 inscricións presenciais "e máis de 2.500 en liña".
"Para Pontevedra é un honor poder recibir de novo a todos os participantes neste evento e estamos encantados de seguir configurándonos como a cidade do deporte de Galiza", defendeu pola súa banda na presentación do evento o alcalde da Boa Vila.
Relacionadas:
-
Pontevedra como cidade deportiva "non funcionaría se non nos adaptamos aos novos tempos"
Por Redacción |
-
Innovación e deporte, da man por cuarto ano no Galicia Sportech Congress
Por Redacción |
-
Pontevedra dá a luz ao primeiro laboratorio de innovación no deporte de España
Por Manu Otero |
-
Pontevedra vende o seu modelo de cidade para o deporte no Congreso Urban Sport 4All en Lisboa
Por Redacción |
-
Os últimos avances tecnolóxicos do deporte preséntanse esta fin de semana en Pontevedra
Por Manu Otero |