Os últimos avances tecnolóxicos do deporte preséntanse esta fin de semana en Pontevedra
Por Manu Otero
A segunda edición do congreso Galicia Sportech traerá a Pontevedra os días 13, 14 e 15 de xuño a máis de sesenta relatores, máis do dobre que na primeira edición.
Trátase do maior evento sobre transformación dixital no deporte do noroeste peninsular. A cita, organizada polas firmas Diesemm e HubIN en colaboración coa Concellería de Deportes e a Deputación Provincial, celebrarase na sede de Afundación e todas as sesións deste ano poderán seguirse en directo de xeito gratuíto, presencial ou online, a través da páxina web www.galiciasportechcongress.com. Aínda que será preciso rexistrarse previamente.
O Congreso contará ademais coas testemuñas de deportistas profesionais como Teresa Portela e Antonio Serrat, que narrarán en primeira persoa como se apoian na innovación e a tecnoloxía para mellorar o seu rendemento, relacionarse cos seus fans e patrocinadores.
Esta primeira edición presencial do Galicia Sportech Congress foi presentado esta mañá no Concello nun acto no que participaron o concelleiro de Deportes, Tino Fernández; o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez, e mailo CEO de Diesemm e director de desenvolvemento de negocio de HubIN, David Suárez.
"Nestes momentos xa hai máis de 2.000 rexistros para acceso remoto, uns 900 e pico de Latinoamérica", precisou Suárez.
O deputado Gorka Gómez sinalou que este congreso "permite situarnos á vangarda das novas tecnoloxías, porque o deporte experimentou nos últimos anos un cambio radical en todos os formatos: a tecnoloxía está presente no deporte no seu día a día e en todas as disciplinas deportivas".
"Nesta cidade levamos moito tempo traballando para ser referente en moitas cousas: mobilidade, sostibilidade e tamén en materia de deportes, tanto en organización e xestión de eventos. O da innovación deportiva era un camiño que tamén tiñamos que explorar, porque detrás do éxito dun deportista hai o traballo de moita xente e da tecnoloxía, que axuda a mellorar o rendemento. Queremos que o Galicia Sportech se converta en referente galego e do Estado", declaró Tino Fernández.
Entre los más de sesenta profesionales participantes en este congreso, destacan representantes de entidades de gran calado como Amazon, Telefónica Tech, Adidas, LaLiga, Liga MX, Euroliga, FC BArcelona, Real Madrid, Sevilla FC, RC Deportivo, Pontevedra CF, CB Estudiantes, CB Obradoiro, Giants Gaming, Federación Española de Atletismo ou Federación Galega de Fútbol, entre moitos outros organismos, marcas ou clubes.
O congreso contará tamén cunha competición de Startups para todos os proxectos Sportech que buscan investimento económico. Aqueles emprendedores interesados en realizar o seu 'pitch' durante a competición deben encher un formulario habilitado na web do evento. Como novidade, estrearase o Starup Lab, un espazo exhibidor onde as starups máis atractivas do momento amosarán como utilizar as súas innovacións aos asistentes ao congreso.
Relacionadas:
-
O Galicia Sportech Congress reivindícase en Pontevedra como "referente a nivel nacional e internacional" na súa terceira edición
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra dá a luz ao primeiro laboratorio de innovación no deporte de España
Por Manu Otero |
-
Pospoñen para setembro a celebración do Congreso de Relacións Persoais Atlantic Meet
Por Redacción |
-
Fundan en Pontevedra a liga de piragüismo da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal
Por Redacción |
-
Preparados para acoller o máis importante congreso de transformación dixital deportiva do noroeste peninsular
Por Anxo Lourido |