Os Xogos Europeos, un reto para o piragüismo e o taekwondo pontevedrés
Por Redacción
A localidade polaca de Cracovia será escenario desde este mércores 21 de xuño da terceira edición dos Xogos Europeos, competición na que o deporte pontevedrés estará ben representado nas modalidades de piragüismo e taekwondo e con importantes opcións de medalla.
A delegación española desprazada a Polonia vai estar formada por 260 deportistas, algúns dos cales contan xa as horas para entrar en competición.
É o caso do piragüismo, con probas xa o primeiro día dos xogos e actividade ata o vindeiro sábado 24 de xuño.
Entre a delegación española e pontevedresa en particular destaca a presenza de Antía Jácome, que pelexará polo podio nas probas de C-2 500 metros xunto á madrileña María Corbera e tamén no C-2 200 mixto con Pablo Graña (Náutico Rodeira).
Ademais o pontevedrés Adrián Sieiro (Náutico O Muíño) competirá polo título europeo no C-1 500 metros.
¡Falta día para los #EuropeanGames!
— PiragüismoEspaña (@RFEPiraguismo) June 20, 2023
Os presentamos la convocatoria del #CanoESP en la modalidad de Sprint Olímpico.
Vamos con la ilusión de representar a nuestro país en una de las competiciones más bonitas de la temporada.
¡Vamos con todo! #SomosPalistas pic.twitter.com/2MeEEpZWmQ
Tamén no taekwondo, modalidade que se disputará do 23 ao 26 de xuño, contará con boas opcións o deporte local, e é que en Polonia estarán Iván García (Mat's) e Arlet Ortiz (Mat's), ademais dos tamén galegos Tania Castiñeira e Alma Pérez.
Relacionadas:
-
A marinense Silvia Otero contribúe cunha prata ao segundo posto de Galicia no nacional júnior de taekwondo
Por Redacción |
-
Arlet Ortiz cae na pelexa polo bronce dos Xogos Europeos
Por Almu Dapena |
-
Antía Jácome e Pablo Graña, campións de Europa en C-2 200 mixto
Por Almu Dapena |
-
Adrián Sieiro pon a directa cara á final nos Xogos Europeos
Por Diego Espiño |
-
Prata europea para Antía Jácome e María Corbera: "Imos ir a por todas no Mundial"
Por Diego Espiño |
-
Iván García, sen opcións de podio no Mundial de taekwondo o caer no primeiro combate
Por Almu Dapena |
-
Sara Cortegoso, adeus en segunda rolda ao Mundial de taekwondo
Por Diego Espiño |
-
Arlet Ortiz despídese do Mundial de taekwondo en oitavos de final tras caer coa campioa de Europa
Por Redacción |
-
O piragüismo pontevedrés lócese na casa na Copa de España Sprint
Por Redacción |
-
Antía Jácome volveo facer: Terceira medalla na Copa do Mundo de Szeged cunha prata na distancia olímpica de C-2 500 metros
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Antía Jácome, Carolina García e Teresa Portela poñen a directa ao Mundial con tres medallas na Copa do Mundo de Szeged
Por Diego Espiño |
-
Positiva estrea da armada pontevedresa na Copa do Mundo de Szeged, con dobre billete ás finais de Antía Jácome
Por Diego Espiño |