O Arxil confirma a súa terceira renovación: Nerea Liste
Por Redacción
O Arxil fai oficial a renovación para a próxima tempada de Nerea Liste.
Na súa primeira tempada seniór cunha media próxima aos 25 minutos e 8 puntos por partido, o peso da xogadora formada no Rosalía de Santiago no cadro verde crece tempada tras tempada.
Na campaña recentemente finalizada, Liste foi a quinta máxima reboteadora da liga e a número 13 no ranking de puntos. Unhas marcas que levaron ao equipo pontevedrés a ofrecerlle a renovación para que siga crecendo como xogadora e que contribúa a levar ao Arxil ao soño do ascenso á liga Challenge.
"É unha boa defensora, cunha boa porcentaxe de tiro, moi traballadora e con calidade a nivel individual e en xogo colectivo. Achegará experiencia e será parte do núcleo duro do xogo interior do Arxil", din dela no seo do conxunto lerezano.
Coa renovación de Nerea Liste, xa son tres xogadoras confirmadas no plantel de Maite Méndez para a próxima campaña xunto con Cristina Díaz Pache e Meniña Trajchevska.
"Renovar significa ilusión e felicidade", sostén a santiaguesa, que espera seguir achegando ao equipo a súa calidade no "rebote tanto ofensivo como defensivo", así como "dureza na defensa".
Relacionadas:
-
Carolina Riveiro tamén seguirá no Arxil
Por Redacción |
-
Margarita Moreira sela a súa continuidade co Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil anuncia a renovación de Aldara Vázquez, un 'comodín' que cumprirá 23 anos no club
Por Redacción |
-
Heather Forster, a pola súa quinta tempada no Arxil
Por Redacción |
-
Andrea Glomazic e Mirian García amplían o seu contrato co Arxil
Por Redacción |
-
A xogadora macedonia Nena Trajchevska renova co Arxil
Por Redacción |
-
Cristina Díaz-Pache, primeira renovación do Arxil
Por Redacción |