Heather Forster, a pola súa quinta tempada no Arxil
Por Redacción
A pivote Heather Marie Forster continuará defendendo as cores do Club Baloncesto Arxil un ano máis.
Desta forma, unha das xogadoras máis valoradas da liga Feminina 2, cumprirá a súa quinta tempada en Pontevedra para seguir facendo historia no Arxil ao ser a única xogadora non nacional do club.
Forster, de 1,88, renovou o seu compromiso co equipo e continuará como unha das líderes do proxecto cun xogo moi constante, promediando 10,4 puntos, 8,7 rebotes, 1,4 asistencias e recuperacións. Uns números notables que a converteron a decimonovena mellor anotadora, na cuarta mellor reboteadora de toda a liga e a primeira mellor reboteadora de ataque con 3,33 por partido, oitava en rebotes defensivos con 5,83 e oitava xogadora máis valorada, 13,7.
"Estou moi contenta por renovar co Arxil", recoñeceu a pivote, "é o equipo onde empecei a miña carreira profesional" e buscará, un ano máis, xogar a fase e ascender de categoría.
Forster espera "axudar ao equipo no xogo interior e defensa" e defínese como unha xogadora de detalles, "como rebotes, paradas en defensa ou tapóns. Este ano temos un equipo completo, con moitas ameazas e espero que podo facer o meu parte para achegar ao equipo nos dous lados da pista".
Con Forster xa son seis as xogadoras renovadas polo Arxil: Andrea Glomazic, Mirian García, Nerea Liste, Meniña Trajchevska e Cristina Díaz-Pache.
Relacionadas:
-
Mayte Méndez, a por a súa tempada 24 á fronte do Arxil na Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Marta Fernández, do Ensino de Lugo, convértese na primeira fichaxe do Arxil
Por Redacción |
-
Carolina Riveiro tamén seguirá no Arxil
Por Redacción |
-
Margarita Moreira sela a súa continuidade co Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil anuncia a renovación de Aldara Vázquez, un 'comodín' que cumprirá 23 anos no club
Por Redacción |
-
Andrea Glomazic e Mirian García amplían o seu contrato co Arxil
Por Redacción |
-
Maristas e Cortegada, primeiros test de pretempada para o Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil confirma a súa terceira renovación: Nerea Liste
Por Redacción |
-
A xogadora macedonia Nena Trajchevska renova co Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil xa ten calendario para o seu novo curso en Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Do Arxil a exercer de fisioterapeuta de Costa do Marfil, rival de España no próximo Mundial
Por Diego Espiño |
-
Cristina Díaz-Pache, primeira renovación do Arxil
Por Redacción |