Mayte Méndez, a por a súa tempada 24 á fronte do Arxil na Liga Feminina 2
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil fixo pública cal será a estrutura a próxima tempada do seu corpo técnico, que un ano máis estará encabezado por Mayte Méndez.
Será a tempada número 24 que a adestradora dirixa ao cadro pontevedrés na Liga Feminina 2, todas elas de maneira consecutiva.
"Queremos facer un equipo bonito, que nos permita darlle alegrías á nosa afección, competir nesta liga tan complicada. Queremos seguir dándolle estabilidade ao club desde ter un equipo referente arriba e seguir mantendo esa identidade que temos e que nos forxamos", asegura a adestradora.
Para o novo curso que está a piques de comezar Méndez estará de novo acompañada por Marita Janeiro, Milagros Sanmartín e Ana Martín como adestradoras axudantes.
Ademais Magín Méndez encargarase da preparación física, David Rocha exercerá de fisioterapeuta, Carlos Díaz de delegado e José Paz será o médico de referencia do equipo.
Relacionadas:
-
Derrota do Arxil en Vilagarcía na segunda xornada da Copa Galicia
Por Redacción |
-
O Arxil cede no primeiro encontro de Copa Galicia ante o Maristas Coruña (69-76)
Por Redacción |
-
O Arxil busca novas xogadoras para reforzar a súa canteira
Por Redacción |
-
Fin das vacacións para o Arxil, que xa prepara unha nova tempada na Liga Femenina 2
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Marta Fernández, do Ensino de Lugo, convértese na primeira fichaxe do Arxil
Por Redacción |
-
Carolina Riveiro tamén seguirá no Arxil
Por Redacción |
-
Margarita Moreira sela a súa continuidade co Arxil
Por Redacción |
-
Heather Forster, a pola súa quinta tempada no Arxil
Por Redacción |
-
Andrea Glomazic e Mirian García amplían o seu contrato co Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil xa ten calendario para o seu novo curso en Liga Feminina 2
Por Redacción |