Andrea Glomazic e Mirian García amplían o seu contrato co Arxil
Por Redacción
O Arxil anuncia dúas novas renovacións nas súas filas: Andrea Glomazic e Mirian García.
A escola montenegrina sumará a súa segunda campaña no cadro pontevedrés, mentres que García cumprirá o seu terceiro ano como verde no que volverá alternar o primeiro equipo co filial.
Aos seus 22 anos, Glomazic destaca pola súa versatilidade e polivalencia xa que pode actuar tanto como escolta ou alero. Aínda que a súa primeira tempada non saíu como ela esperaba, no club teñen plena confianza nunha xogadora que espera dar un paso adiante o próximo curso.
A balcánica destaca pola súa explosividad sobre a pista e pola súa capacidade para asumir responsabilidades, ao mesmo tempo que sobresae polo seu "gran xogo colectivo". Así mesmo, a propia xogadora espera seguir achegando "variedade" ao xogo do Arxil e "enerxía" en defensa.
Pola súa banda, Mirian García seguirá aumentando este año o seu protagonismo ás ordes de Mayte Méndez. A playmaker destaca polo seu descaro en ataque e o bo lanzamento desde a liña de tres, algo que espera potenciar este ano para converterse nunha xogadora importante tanto para o Arxil como para o filial, ao que desexa seguir axudando.
As renovacións de Glomazic e García únense ás de Nerea Liste, Cristina Díaz Pache e Nena Trajchevska.
Relacionadas:
-
Mayte Méndez, a por a súa tempada 24 á fronte do Arxil na Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Marta Fernández, do Ensino de Lugo, convértese na primeira fichaxe do Arxil
Por Redacción |
-
Carolina Riveiro tamén seguirá no Arxil
Por Redacción |
-
Margarita Moreira sela a súa continuidade co Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil anuncia a renovación de Aldara Vázquez, un 'comodín' que cumprirá 23 anos no club
Por Redacción |
-
Heather Forster, a pola súa quinta tempada no Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil confirma a súa terceira renovación: Nerea Liste
Por Redacción |
-
A xogadora macedonia Nena Trajchevska renova co Arxil
Por Redacción |
-
Cristina Díaz-Pache, primeira renovación do Arxil
Por Redacción |