O Pontevedra, eliminado da Copa Federación tras caer pola mínima fronte ao Coruxo (1-0)
Por Diego Espiño
Primeiro encontro oficial da tempada para o Pontevedra Club de Fútbol, que este venres estreaba a súa participación na Copa Federación partindo desde os cuartos de final da fase autonómica pero que se despediu do torneo pola vía rápida.
O rival era un equipo moi coñecido para os granates, xa que visitaban por segunda vez este verán o Coruxo no campo do Vao. O anterior duelo, amigable e na fase inicial de preparación, saldouse con derrota pontevedresa pola mínima, pero esta era outra historia. Así se podía comprobar só con mirar o once inicial disposto por Yago Iglesias, e no que xa non figuraban futbolistas do filial. Só tres homes con licenza do B estaban na convocatoria, e os tres no banco (Valentín, Casais e Hugo Padín).
O Pontevedra iniciou o partido con Vizoso en portería, xunto a Bastos, Mario Gómez, Garay e Zabaleta en liña defensiva, Borja Domínguez e Samu Mayo na medular, Yelko Pino máis adiantado, Barbeiro e Chiqui nos costados ofensivos e Rufo na punta de ataque.
Tamén o Coruxo tomaba a cita en serio, e buscaba desde o inicio xerar perigo facéndose co dominio. O cadro granate asomou pola súa banda na área rival con cabezazo de Yelko que marchou alto ao cuarto de hora de xogo.
Con ese guión foron avanzando os minutos ata que ao fío do descanso Mario conectaba un potente disparo que batía a Mario Vizoso e facía o 1-0 para os locais. Tocaba remontar.
Sen atopar porta no inicio do segundo acto, Yago moveu o banco en busca de solucións ofensivas no minuto 60, dando entrada a Charly e Álex González en lugar de Barbeiro e Samu Mayo, e pouco tardou o capitán en crear perigo cun disparo axustado que desviou con apuros o porteiro vigués.
O Pontevedra metía unha marcha máis ao xogo, e Charly rozou o empate pouco despois. Só a madeira impediuno cando o tanto parecía seguro.
O final estaba cada vez máis preto, e chegou a oportunidade de ver á última fichaxe granate, Dalisson de Almeida, que entrou no minuto 77 en lugar de Zabaleta buscando aínda máis mordente.
O gol seguía sen caer pese ao asedio, chegando a un longo período engadido de 6 minutos nos que só quedaba a opción de queimar as últimas naves. Non funcionou e a falta de acerto condenou á eliminación os granates. Xa só queda pensar no que máis importa, unha liga que dará comezo o próximo 3 de setembro.
Relacionadas:
-
Coruxo-Pontevedra: Á terceira vai a vencida?
Por Diego Espiño |
-
Yelko Pino: "A miña intención sempre foi continuar aquí"
Por Diego Espiño |
-
A Gimnástica de Torrelavega, un equipo sen complexos como primeiro exame da tempada
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra encara a súa primeira semana de competición "con todos os efectivos ao 100%"
Por Diego Espiño |
-
Goleada do Pontevedra o Vilalonga no último amigable da pretempada (1-4)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Dálisson de Almeida, un extremo "rápido e con bo un contra un" e co seu paisano Álex Gónzález como referente
Por Diego Espiño |
-
A colocación do céspede de Pasarón, a contrarreloxo para chegar á estrea ligueira
Por Diego Espiño |
-
O gol, un problema para o Pontevedra esta pretempada: "Non acabamos de afinar cara portería"
Por Almu Dapena |
-
A Copa RFEF entra en escena para o Pontevedra co Coruxo como rival
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Mario Gómez: "Cando asinas no Pontevedra non fai falta dicir cal é o obxectivo"
Por Diego Espiño |
-
Un final de mercado co Pontevedra pendente das fichas Sub-23
Por Diego Espiño |
-
A última ficha sénior do Pontevedra xa ten dono: o extremo Dalisson de Almeida
Por Redacción |
-
Yago Iglesias, contento co traballo ante o Compostela: "A día de hoxe pode ser titular calquera"
Por Redacción |
-
Triunfo pola mínima do Pontevedra no amigable ante o Compostela
Por Redacción |