O Pontevedra encara a súa primeira semana de competición "con todos os efectivos ao 100%"
Por Diego Espiño
A pretempada chega ao seu fin e o Pontevedra Club de Fútbol entra de cheo na súa primeira semana de competición, coa xornada inicial de liga no horizonte fronte á Gimnástica de Torrelavega o vindeiro domingo 3 de setembro (19.00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón.
A mellor noticia para os granates, que este domingo pecharon a súa preparación goleando o Villalonga en San Pedro (1-4), é a ausencia de lesionados no seu plantel.
Coa recuperación de Javier Hermelo, afectado por un contratempo muscular as últimas semanas pero que xa participou media hora no último duelo de preparación, Yago Iglesias contará con todos os seus homes dispoñibles.
"Xa a preparar o primeiro partido de liga, sobre todo con todos os efectivos ao 100% que é o máis importante neste momento", recoñeceu o técnico tras o partido en Vilalonga.
O último amigable, aínda que se producise ante un equipo de inferior categoría, serviu ademais para afinar a puntería do equipo e coller confianza de cara a gol, que en anteriores citas parecía resistirse.
Relacionadas:
-
"Ter carácter e ritmo" e "non cometer os mesmos erros que a semana pasada", fórmula de Yago Iglesias para gañar o Valladolid Promesas
Por Almu Dapena |
-
A falta de acerto condena un Pontevedra que brillou na estrea de liga ante a Gimnástica de Torrelavega (1-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Yago Iglesias, sobre o peche do mercado: "Temos o filial en Terceira que nos permite non ter que gastar ou malgastar as fichas sub-23"
Por Diego Espiño |
-
Yelko Pino: "A miña intención sempre foi continuar aquí"
Por Diego Espiño |
-
A ofrenda á Peregrina, inicio dunha tempada para o Pontevedra que "esperamos que sexa de éxitos"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
A Gimnástica de Torrelavega, un equipo sen complexos como primeiro exame da tempada
Por Diego Espiño |
-
Goleada do Pontevedra o Vilalonga no último amigable da pretempada (1-4)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Iniciada a colocación dos tepes de herba natural en Pasarón
Por Mónica Patxot |
-
Dálisson de Almeida, un extremo "rápido e con bo un contra un" e co seu paisano Álex Gónzález como referente
Por Diego Espiño |
-
A colocación do céspede de Pasarón, a contrarreloxo para chegar á estrea ligueira
Por Diego Espiño |
-
O gol, un problema para o Pontevedra esta pretempada: "Non acabamos de afinar cara portería"
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra, eliminado da Copa Federación tras caer pola mínima fronte ao Coruxo (1-0)
Por Diego Espiño |