Voo directo a París 2024 para Rodrigo Germade e Adrián del Río tras o bronce en K2 500
Por Redacción
Rodrigo Germade e Adrián del Río lograron este domingo meter ao barco do K2 500 nos Xogos Olímpicos de París 2024 ao obter un terceiro posto no Campionato do Mundo de Sprint Olímpico que se celebrou ao longo desta semana en Diusburg.
A última xornada comezou co metal de prata de María Corbera no C1 500. A madrileña vaise deste campionato con tres metais (todas de prata) e coa satisfacción de realizar unha gran tempada que espera poder ter continuidade, o próximo curso, coa súa presenza en Paris xunto a Antía Jácome.
A segunda presea da mañá asinárona a dupla Adrián del Rio e Rodrigo Germade. Os dous padeeiros subíronse ao carro dos metais e conseguiron meter ao barco do K2 500 nos Xogos Olímpicos, que era o principal obxectivo. Como premio persoal levaron un bronce, que por momentos puido ser ouro.
Os outros dous padeeiros que saíron contentos de Duisburgo foron os sevillanos Pablo Martínez e Cayetano García. Defendían o título conseguido en Halifax o pasado verán e fixérono con uñas e dentes. Non lograron o obxectivo de revalidar o primeiro posto pero levaron a medalla de bronce para meter ao barco do C2 500 nos Xogos.
No K2 500 mixto con Íñigo Pena e Bárbara Prado, os españois pecharon a mañá cun terceiro posto tras unha disputada e igualada regata.
Xa pola tarde, nin Noel Domínguez, nin Cristina Soutelo (C1) tiveron sorte nos seus finais. O primeiro concluíu noveno e a segunda décima.
A gran alegría do día brindouna Estefanía Fernández. A estremeña, incorporada no último ano ao K4 500 que sumou un bronce o pasado venres, xa deu mostras da súa clase na Copa do Mundo de Szeged, onde conquistou o ouro cunha notable diferenza.
En categoría masculina, Paco Cubelos só puido terminar a proba na oitava posición.
Finaliza así un Campionato do Mundo máis que redondo para España, que mostrou un altísimo nivel logrando 13 medallas, cinco de ouro, catro de prata e cinco de bronce, que os coroan no medalleiro como a segunda mellor nación do panorama do piragüismo mundial.
A elas hai que sumarlle a prata de González Mella en Paracanoe, o que supón un récord absoluto nun evento destas características.
Relacionadas:
-
Terceira prata mundialista para Antía Jácome e praza para París no C2 500 con María Corbera
Por Almu Dapena |
-
Antía Jácome, Carolina García e Teresa Portela selan o billete para os Xogos Olímpicos de París 2024
Por Almu Dapena |
-
Teresa Portela, Carolina García e Antía Jácome, cada vez máis preto de París 2024
Por Alejandro Espiño |
-
O pasaporte para París 2024 pasa polo Campionato do mundo Sprint de Alemaña
Por Redacción |