O Cisne, a recuperar sensacións na casa contra un “complicado” Agustinos
Por Redacción
Despois de tres partidos fóra de casa, o Club Cisne Balonmán regresa ao Pavillón Municipal para afrontar unha nova xornada de División Honra Prata.
O club pontevedrés medirase o sábado ás 18:30 horas ao CD Agustinos, un recentemente ascendido que chega con boas sensacións á cita despois de eliminar ao Huesca en Copa do Rei e gañar ao Barça B en liga.
O cadro alacantino, ademais de ter "unha das mellores canteiras de España" con xogadores como Jorge Laredo, Ponce de León ou Javi Carrión, ten unha lista de de "xogadores experimentados na categoría como Juan de Dios, Christian Moll ou Didac Villar", afirma o segundo adestrador cisneísta Quiños.
En canto ao seu estilo de xogo, "é un equipo que non se desespera nos ataques longos e vai facer propostas defensivas diferentes", analiza o técnico, que augura que será "un partido complicado" no que "haberá moito un contra un".
Relacionadas:
-
Un desastroso primeiro tempo condena o Cisne ante o líder Ciudad Real (35-27)
Por Almu Dapena |
-
Triunfo copeiro do Cisne en Alcobendas (25-29)
Por Redacción |
-
O Cisne sentencia no primeiro tempo para tombar o Barça B (24-29)
Por Almu Dapena |
-
O Cisne tropeza co Burgos (34-36)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Sufrido triunfo do Cisne no derbi provincial ante o Novás (28-29)
Por Almu Dapena |