O Cisne tropeza co Burgos (34-36)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
Primeiro tropezo en liga para o Club Cisne Balonmán tras caer ante o San Pablo Burgos diante da súa afección. O cadro pontevedrés dominou durante practicamente todo o partido, pero a precipitación nos minutos decisivos foi clave para que o equipo do excisneísta Álex Chan se fixera cos dous puntos.
Púxose o partido de fronte pronto para o equipo pontevedrés, que aproveitou a exclusión de Guilherme Linhares e o desaxuste no cambio ataque-defensa do rival para tomar a iniciativa no marcador cunha pequena renda de tres goles (5-2) que aumentou a catro aos oito minutos de xogo tras dúas boas accións de Mateo Arias (8-4).
Parou o tempo o técnico do Burgos e pasaron tres minutos ata que o marcador volveu mover; apareceu Linhares para romper a seca goleadora dos visitantes, pero o Cisne continuaba espeso en tarefas ofensivas e Jabato decidía parar o cronómetro para reordenar as ideas dos seus xogadores cando o partido estaba nun 10-8.
Con todo, os problemas para a escuadra cisneísta continuaron e o cadro visitante non só igualou, senón que chegou a voltear o resultado ao transformar o 13-14 aos 23 minutos de xogo. Perdeuse o lanzamento de Linhares co que o Burgos podía seguir por diante, Bruno Vázquez anotou para o Cisne, provocou a exclusión de Rubén Fernández, e o conxunto pontevedrés aproveitou a situación para sacar petróleo e retomar a dianteira (18-15).
Pero o partido estaba a ser unha auténtico toma e daca, os de vermello volveron a carburar e antes de que finalizase a primeira metade fixeron o 19-18 co que se chegou ao descanso.
Comezou o segundo tempo cos gardametas moi inspirados e en especial Abián Rodríguez, que se convertía no protagonista baixo a portería dun Cisne que volvía facerse co control do partido e afastábase no marcador en catro goles, o que obrigaba ao técnico rival a parar o cronómetro (25-21).
Pero a alegría durou moi pouco aos brancos, Abián retirouse lesionado e nun visto e non visto encaixaron un 0-3 en contra, Jabato pediu tempo morto para reactivar aos seus, pero Ernesto López transformou o empate a 27 cando se alcanzaba o ecuador do segundo tempo.
O partido entrou así nos seus minutos críticos nos que os burgaleses retomaron a dianteira no luminoso cun colchón de dous tantos aproveitando a falta de precisión cisneísta en tarefas ofensivas, o colexiado enviou ao banco a Pedro Rodrígues, pero o Cisne non soubo aproveitar a situación de superioridade para reducir distancias. Parou o tempo o técnico local, precipitouse Bruno Vázquez errando o seu lanzamento, Pombo retirouse lesionado e o Burgos sentenciou cun 34-36 que lle deu os dous puntos.
Relacionadas:
-
Regreso a casa do Cisne cun importante triunfo ante Agustinos (28-24)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Cisne, a recuperar sensacións na casa contra un “complicado” Agustinos
Por Redacción |
-
Un desastroso primeiro tempo condena o Cisne ante o líder Ciudad Real (35-27)
Por Almu Dapena |
-
Triunfo copeiro do Cisne en Alcobendas (25-29)
Por Redacción |
-
O Cisne sentencia no primeiro tempo para tombar o Barça B (24-29)
Por Almu Dapena |
-
O Cisne, a recuperar o paso nunha saída "das máis complicadas que hai" na tempada
Por Diego Espiño |
-
Un outubro de moitos quilómetros para o Cisne
Por Diego Espiño |
-
O Cisne busca o tres de tres ante "un dos rivais a bater", o Burgos de Álex Chan
Por Diego Espiño |
-
Sufrido triunfo do Cisne no derbi provincial ante o Novás (28-29)
Por Almu Dapena |
-
Un gol de Javi Vázquez sobre a bucina dá a vitoria ao Cisne ante o Oviedo (25-24)
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
O Cisne presenta as súas armas para unha tempada ilusionante
Por Redacción & Mónica Patxot |