O Cisne sentencia no primeiro tempo para tombar o Barça B (24-29)
Por Almu Dapena
O Club Cisne Balonmán impúxose este sábado ao Barcelona B nun partido dominado por completo polos brancos e sentenciado cunha diferenza de dez tantos ao descanso (9-19). O acerto anotador de Mateo Arias (9 goles) e a fortaleza baixo paus de Franzini, foron clave para que os 8 tantos de Ian Barrufet, o mellor local, quedasen nas pavías para que os dous puntos voasen á Boa Vila.
Cun primeiro parcial de 0-2 iniciou o encontro o conxunto pontevedrés, apoiado nos erros dun Barça B ao que lle estaba custando centrarse. Pero tras as exclusións case seguidas de Furtado e Iván Calvo, que deixaban ao Cisne con dous xogadores menos sobre a cancha, os xogadores blaugranas puxéronse ao choio para facer un 4-0 e voltear o resultado.
Pero a alegría local durou ata que apareceu Franzini para realizar unha sobresaliente actuación que, secundada coa efectividade para gol da liña de ataque dos seus compañeiros, permitiu á escuadra visitante dominar de novo o partido e obrigar ao técnico catalán a parar o cronómetro para reverter a situación (5-9).
A charla fixo o efecto contrario. Tras o gol de Ian Barrufet, na cancha só viuse ao Cisne, que fixo o que quixo aproveitando as perdas de balón e pisadas de área do rival ademais dos sete metros que o colexiado pitou ao seu favor. Todo iso traduciuse nun contundente 9-19 ao descanso que deixaba o partido practicamente visto para sentenza.
Con todo, o paso polos vestiarios sentou mal aos xogadores de Jabato, que saíron durmidos confiados en que con ese resultado xa estaba todo feito. E aos poucos o Barça B, por medio de Barrufet, foi facendo dano, anotou un 6-2 e o técnico pontevedrés pediu tempo morto (15-21).
Pero o Cisne xa tiña todo controlado e xogaba co tempo ao seu favor a pesar de que o conxunto catalán seguía recortando distancias e chegaba a colocarse a catro goles do empate a falta de pouco menos de cinco minutos para a conclusión (23-27), instantes nos que os brancos aproveitaron a exclusión do mellor xogador local Ian Barrufet para anotar o 24-29 final da man de Mateo Arias e Andre de Moura.
Consulta as estatísticas nesta ligazón
Relacionadas:
-
O pechacancelas Zamora convértese no pesadelo de Samáin do Cisne (29-28)
Por Almu Dapena |
-
Regreso a casa do Cisne cun importante triunfo ante Agustinos (28-24)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Cisne, a recuperar sensacións na casa contra un “complicado” Agustinos
Por Redacción |
-
Un desastroso primeiro tempo condena o Cisne ante o líder Ciudad Real (35-27)
Por Almu Dapena |
-
Triunfo copeiro do Cisne en Alcobendas (25-29)
Por Redacción |
-
O pivote Manu Lorenzo, convocado pola Selección Española Xuvenil para xogar o Torneo Scandibérico
Por Redacción |
-
O Cisne, a recuperar o paso nunha saída "das máis complicadas que hai" na tempada
Por Diego Espiño |
-
Un outubro de moitos quilómetros para o Cisne
Por Diego Espiño |
-
O Cisne tropeza co Burgos (34-36)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Sufrido triunfo do Cisne no derbi provincial ante o Novás (28-29)
Por Almu Dapena |
-
Un gol de Javi Vázquez sobre a bucina dá a vitoria ao Cisne ante o Oviedo (25-24)
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |