Támara Echegoyen colga o bronce no Europeo de Vilamoura
Por Diego Espiño
O xa de seu impoñente palmarés de Támara Echegoyen segue sumando éxitos, e é que a regatista pontevedra conseguiu este luns o bronce no Campionato de Europa da clase 49er FX de vela que se celebrou a última semana en Vilamoura.
Este luns estaba prevista a xornada decisiva, cunha última manga no grupo de ouro e a definitiva Medal Race, pero a falta de vento na costa portuguesa obrigou finalmente a cancelar a competición tras horas de espera facendo definitiva a clasificación xeral.
Nesa xeral Támara Echegoyen e a súa compañeira Paula Barceló marchaban terceiras despois de 13 regatas, quedando a 14 puntos das italianas Jana Germani e Giorgia Bertuzzi na loita pola medalla de prata. As primeiras clasificadas foron as norueguesas Helene Naess e Marie Ronningen.
Desta forma Echegoyen e Barceló, campioas mundiais de 2020 e xa clasificadas para os Xogos Olímpicos de París 2024, melloran a cuarta posición obtida o pasado ano no campionato continental.
"Foi unha semana da que sacamos moitísimo proveito, con condicións de moi pouco vento todos os días. Moitas aprendizaxes e unha medalla que sabe a ouro", sinalou a pontevedresa tras pecharse o Europeo en declaracións á Real Federación Española de Vela.
Relacionadas:
-
Támara Echegoyen e Paula Barceló, sextas no Mundial
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen, coas opcións de podio intactas despois de tres xornadas de Mundial
Por Diego Espiño |
-
Bo arranque de Támara Echegoyen no Mundial 49erFX de Lanzarote
Por Diego Espiño |
-
O rendemento de 23 promesas da vela galega, en mans de investigadores de Ciencias da Educación e do Deporte
Por Redacción |
-
A Federación Española confirma a praza olímpica de Támara Echegoyen para París 2024
Por Diego Espiño |
-
Támara Echegoyen e Paula Barceló clasifican a España para os Xogos Olímpicos de París
Por Diego Espiño |
-
Támara Echegoyen e Paula Barceló conseguen a medalla de bronce no mundial de 49er FX
Por Manu Otero |
-
Támara Echegoyen e Paula Barceló rozan a medalla no Europeo de 49erFX
Por Redacción |