Rumbo ao 26M: do turismo ás festas. Así propoñen dinamizar a vida da cidade os distintos partidos
Os programas electorais dos partidos políticos que pugnan por facerse cun oco na Corporación municipal que sairá das eleccións do próximo 26 de maio permiten albiscar cal é a Pontevedra que quere cada un. Non resulta posible comparalos ao pé da letra en todos os seus apartados pola gran diversidade das propostas duns e outros, pero PontevedraViva seleccionou seis aspectos para tentar confrontar a idea de cidade de cada un.
Cultura, deportes, modelo urbano, rural, dinamización da cidade e promoción económica van ser debullados. Os proxectos para outros ámbitos importantes para a cidadanía poden consultarse no especial electoral que publica a diario este xornal.
Estas son as propostas dos distintos partidos para a dinamización da cidade, desde o turismo ás festas:
BNG:
- Manter a implicación e participación dos diferentes colectivos na organización dunha parte importante das festas, así como o sentido de pertenza e o orgullo que supón para a toda a veciñanza e visitantes a asistencia ás mesmas.
- Documentar este tipo de manifestacións, promovendo o estudo histórico e a compilación de información de carácter etnográfico, de cara a constituír un corpus bibliográfico que cubra o oco existente neste ámbito.
PP:
- Potenciar o Camiño Portugués ao seu paso polo municipio de Pontevedra: impulsar Pontevedra como capital da provincial, capital das Rías Baixas e capital do Camiño Portugués.
- Programa de recuperación de festas populares con apoio municipal á creación de comisións de festas.
PSOE:
- Impulsar o primeiro desfile de orgullo LGTBI de Pontevedra
- Festival de teatro Valle-Inclán: En irmandade con outras cidades europeas, como Edimburgo, un festival para potenciar representacións na rúa e o talento dramatúrxico 'made in Pontevedra'.
MAREA PONTEVEDRA:
- Reformular a empresa Turismo de Pontevedra, de carácter público, con máis recursos e un plan de desenvolvemento do sector, impulsando o turismo accesible e de calidade como motor económico.
- Eliminar a subvención encuberta ás touradas.
CIDADÁNS (Cs):
- Festival anual de música celta.
- Promoción da implantación dun hotel de cinco estrelas na cidade.
COMPROMISO POR GALICIA (CxG):
- Facer un plan desenvolvemento do turismo vencellado aos congresos. Ao igual que Pontevedra xa ten éxito atraendo probas deportivas, aplicar os mesmos criterios para este tipo de turismo que é desestacionalizado e de alto poder adquisitivo.
- Promover un concurso anual de gastronomía das Rías Baixas e establecer rutas marítimas con destino Illas Atlánticas e de paseo pola ría, para atraer o turismo estival que se instala na nosa zona costeira.
PODEMOS:
- Turismo sustentable, compatible co medio ambiente e coa calidade de vida dos centros urbanos, capaz de garantir a convivencia entre viaxeiros e residentes. Para iso, promoveremos un turismo de maior calidade interesado nos nosos valores históricos, culturais, gastronómicos e artísticos. A oferta turística debe integrar todos os recursos locais: ecolóxicos, culturais, monumentais, artísticos, gastronómicos, folclóricos...
- Maior participación cidadá a nivel de clubes, colectivos, asociacións, particulares, etc., para que se poidan realizar unhas festas o máis amplas, plurais e participativas posibles.
VOX:
- Dinamizar o turismo na comarca xunto cos demais municipios veciños, lanzando unha mellor oferta turística entre todos e promover que Pontevedra sexa sede de feiras para a promoción do turismo nas Rías Baixas.
- Dignificar o sentido relixioso do Nadal recuperando a presenza de beléns e pesebres do Nadal na cidade.
Relacionadas:
-
Familia, traballo, vida persoal e... campaña: os malabares para conciliar
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Rumbo ao 26M: compara as propostas dos partidos no ámbito deportivo
Por Natalia Puga |
-
Rumbo ao 26M: compara as propostas dos partidos no ámbito deportivo
Por Natalia Puga |
-
Rumbo ao 26M: consulta as propostas dos partidos para o rural pontevedrés
Por Natalia Puga |
-
Rumbo ao 26M: consulta as propostas dos partidos para o rural pontevedrés
Por Natalia Puga |
-
Rumbo ao 26M: compara as propostas dos partidos para a promoción económica de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Rumbo ao 26M: compara as propostas dos partidos para a promoción económica de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Rumbo ao 26M: consulta as propostas dos partidos para o modelo urbano pontevedrés
Por Natalia Puga |
-
Rumbo ao 26M: consulta as propostas dos partidos para o modelo urbano pontevedrés
Por Natalia Puga |
-
Rumbo ao 26M: compara as propostas dos partidos en materia cultural
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Rumbo ao 26M: compara as propostas dos partidos en materia cultural
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |