Rumbo ao 26M: consulta as propostas dos partidos para o rural pontevedrés
![Natalia](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/9b5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577f8fbb69-hkm23_ri.jpg)
Por Natalia Puga
Os programas electorais dos partidos políticos que pugnan por facerse cun oco na Corporación municipal que sairá das eleccións do próximo 26 de maio permiten albiscar cal é a Pontevedra que quere cada un. Non resulta posible comparalos ao pé da letra en todos os seus apartados pola gran diversidade das propostas duns e outros, pero PontevedraViva seleccionou seis aspectos para tentar confrontar a idea de cidade de cada un.
Cultura, deportes, modelo urbano, rural, dinamización da cidade e promoción económica van ser debullados. Os proxectos para outros ámbitos importantes para a cidadanía poden consultarse no especial electoral que publica a diario este xornal.
Estas son as propostas dos distintos partidos en relación co rural:
BNG:
- Completar o sistema de saneamento.
- Reforzar despregamento da traída de augas.
PP:
- Firma dun contrato co rural pontevedrés con 12 iniciativas a levar a cabo nas parroquias, entre as que destaca a implantación da rede de saneamento e abastecemento de auga no 100% do rural antes de finalizar o mandato.
- Maior coidado das parroquias: iluminación, limpeza, aumento da frecuencia de recollida de lixo e asfaltado continuo de estradas.
PSOE:
- Axudas para que a renovación e rehabilitación de vivendas sexa máis sinxela.
- Bonificacións do 30% no IBI para as persoas que non teñan conexión á rede de saneamento.
MAREA PONTEVEDRA:
- Impulsar un viveiro de empresas para as parroquias, poñendo en valor o monte e o campo como bens comúns.
- Estender o abastecemento de auga e a rede de saneamento a todas as casas.
CIDADÁNS (Cs):
- Oficina municipal itinerante para trámites e xestións.
- Triplo A: auditoría e execución das melloras necesarias en abastecemento, rede de sumidoiros e iluminación.
COMPROMISO POR GALICIA (CxG):
- Aposta porque Monte Porreiro, O Burgo e Estribela teñan un status propio dentro do Concello, como núcleos urbanos fóra do centro. Proposta de que teñan un concelleiro específico e que se aplique o mesmo criterio de humanización que se aplica no centro urbano.
- Reforzo do plan de acceso á auga municipal e ao saneamento para todos os habitantes do rural.
PODEMOS:
- Creación dunha rede de transporte público na área metropolitana con prezos bonificados en función a renda dos cidadáns, e chegando a gratuidade a menores de 19 anos, estudantes e persoas que non cheguen ao SMI.
- Humanización do barrio do Burgo, en Lérez.
VOX:
- Ampliación das redes de abastecemento de auga potable e saneamento.
- Mellorar os pavimentos das pistas e camiños.
Relacionadas:
-
Familia, traballo, vida persoal e... campaña: os malabares para conciliar
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Rumbo ao 26M: compara as propostas dos partidos no ámbito deportivo
Por Natalia Puga |
-
Rumbo ao 26M: compara as propostas dos partidos no ámbito deportivo
Por Natalia Puga |
-
Rumbo ao 26M: do turismo ás festas. Así propoñen dinamizar a vida da cidade os distintos partidos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Rumbo ao 26M: do turismo ás festas. Así propoñen dinamizar a vida da cidade os distintos partidos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Rumbo ao 26M: compara as propostas dos partidos para a promoción económica de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Rumbo ao 26M: compara as propostas dos partidos para a promoción económica de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Rumbo ao 26M: consulta as propostas dos partidos para o modelo urbano pontevedrés
Por Natalia Puga |
-
Rumbo ao 26M: consulta as propostas dos partidos para o modelo urbano pontevedrés
Por Natalia Puga |
-
Rumbo ao 26M: compara as propostas dos partidos en materia cultural
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Rumbo ao 26M: compara as propostas dos partidos en materia cultural
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Só pode quedar un, quen será o próximo alcalde de Pontevedra?
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |