Pontevedra Viva!

Así foi o 2017

O 2017, en imaxes

O convento de Santa Clara pecha as portas e ábrese a opción dun gran parque xunto a Barcelos

Redacción

Por Redacción

En setembro pechábase o convento relixioso co traslado das tres monxas clarisas que residían nestas instalacións. A partir dese momento, o Concello de Pontevedra amosou o seu interese en chegar a un acordo para abrir ao público ao horta do recinto, un espazo natural de 12.500 metros cadrados de extensión

Pontevedra, de moda en cine e TV: "Fariña", "Vivir sin permiso" e "La sombra de la ley"

Alejandro

Por Alejandro Espiño

Tres rodaxes converteron a Pontevedra durante 2017 en escenario para a ficción española. As Rías Baixas foron escollidas por dúas series de televisión, Fariña e Vivir sin permiso -as grandes apostas de Antena 3 e Telecinco para a próxima tempada-, e polo director galego Dani de la Torre para rodar La sombra de la ley, a súa segunda película.