O Club Waterpolo Pontevedra xa ten á súa primeira fichaxe do novo curso, no que por segunda vez consecutiva competirá na Liga Nacional de Primeira División Feminina.
Trátase de Marina Sastre, xogadora de 21 anos que chega a Pontevedra procedente do Mallorca WC, ao que pertenceu os últimos 11 anos.
"A pesar da súa mocidade achegará experiencia e nivel ao equipo", sinala a entidade pontevedresa sobre a xogadora balear.
Marina Sastre é unha xogadora zurda "para as posicións de 1 e 2" e que se une ao Waterpolo Pontevedra co obxectivo de axudar a conseguir a permanencia en categoría nacional.