Actuación estelar do Cisne ante o Villa de Aranda (17-25)

Pontevedra
18 de novembro 2023

O Club Cisne Balonmán quería regresar á senda da vitoria e fíxoo con moita solvencia ante un Villa de Aranda que se apagou a partir do minuto 19 do primeiro tempo. Os brancos foron moi superiores grazas ao gardameta Franzini, que cunha gran actuación baixo paus descolocou por completo o ataque dun rival que quedou sen ideas (17-25)

Partido de liga entre Cisne e Trops Málaga no Municipal Cristina Saiz

O Club Cisne Balonmán quería regresar á senda da vitoria e fíxoo con moita solvencia ante un Villa de Aranda que se apagou a partir do minuto 19 do primeiro tempo. Os brancos foron moi superiores grazas ao gardameta Franzini, que cunha gran actuación baixo paus descolocou por completo o ataque dun rival que quedou sen ideas (17-25).

Igual que ocorreu ante o Málaga a pasada xornada, o cadro pontevedrés volveu ter problemas para portería ao comezo do encontro, cometendo imprecisións na súa ofensiva que se traducían nunha baixa porcentaxe anotadora. Con todo, a falta de acerto en ataque por parte dos brancos era similar á do Villa de Aranda e ningún dos dous equipos era capaz de tomar as rendas do marcador.

A partir do minuto 19 todo cambiou e chegou o espertar do Cisne. Franzini intevino baixo paus, Dani Serrano anotou e os de Jabato subiron a vantaxe a dous goles, a máxima ata o momento (7-9).

Parou o cronómetro Javier Márquez, pero os seus non conseguiron reaccionar e nos últimos instantes do primeiro tempo o Cisne ampliou o colchón ata os tres goles de distancia cos que se chegou o intermedio (9-12).

Comezou o segundo tempo da mesma forma que a primeira: erros en ataque dos dous equipos e protagonismo dos paus e os gardametas, que impedían que o marcador se movese ata alcanzados os tres minutos de xogo.

Pero foi o cadro pontevedrés o que saíu máis #elevado e apoiado en Franzini, fixo un parcial de 1-3 co que aumentou a renda dos seus en cinco goles (10-15).

O porteiro cisneísta estaba a ser imperial baixo paus e detíñaas de todas as formas, Diego López e Rubén Etayo seguían elevando a diferenza, e o Villa de Aranda metíase en problemas ao non atopar a maneira de superar o muro construído na portería lerezana (11-17).

Saltaron as alarmas no banco local, Javier Márquez pediu tempo morto, pero o Cisne tirou de experiencia e continuou facendo das súas para chegar aos últimos 10 minutos de partido cunha vantaxe de oito goles xa imposible de igualar.

O peixe xa estaba vendido e os de Burgos tentaron resistir da mellor maneira a arremetida dos brancos, que se fixeron finalmente co triunfo por un avultado e merecido 17-25.

Consulta as estatísticas nesta ligazón