Alba Pedrosa, a promesa do boxeo feminino marinense

Marín
01 de setembro 2015

Con apenas un ano de adestramentos é xa, aos seus 18 anos, campioa galega e este fin de semana afrontará a súa estrea a nivel nacional aspirando ao podio no Campionato de España Xove Feminino

Alba Pedrosa, boxeadora do Team Thunder Marín Team Thunder Marín

Leva pouco máis dun ano adestrándo e xa é campioa galega. Alba Pedrosa converteuse nunha das maiores promesas do boxeo galego aos seus 18 anos.

A deportistas do Team Thunder Marín estrearase esta semana a nivel nacional aspirando ao podio no Campionato de España Xove Feminino que se disputa no Centro de Alto Rendemento de Madrid entre os días 3 e 6 de setembro.

Alba acudirá á cita nacional como integrante da selección galega, da que é adestrador o tamén marinense Aarón González.

O obxectivo en Madrid pasa por pelexar polos postos de honra e consolidarse así na panorama puxilístico feminino nacional.

O Campionato de España será o segundo ao que acuda un deportista do Team Thunder. Na anterior ocasión Carlos Rodríguez conseguiu o ouro en categoría infantil.