Andrés Moyano será teucrista dous anos máis

Pontevedra
14 de maio 2018

O lateral arxentino é a segunda renovación na Sociedad Deportiva Teucro, que prolonga o seu contrato por dúas tempadas máis coa posibilidade dunha terceira

Andrés Moyano, nun adestramento do Teucro Mónica Patxot

Segunda renovación da Sociedad Deportiva Teucro, que aposta forte por reter no equipo a Andrés Moyano.

O lateral arxentino prolonga a súa vinculación co club pontevedrés por dúas tempadas máis con opción a un terceiro ano, sempre que ambas as dúas partes estean de acordo.

O mozo arxentino, de 21 anos e que debutou xa coa selección nacional absoluta do seu país, chegou ao Teucro o pasado verán procedente do Sant  Quirze.

Aínda que o seu papel no equipo esta tempada foi secundario, Moyano foi gozando de minutos e anotou 31 goles "demostrando ter un gran lanzamento mostrándose como un xogador cunha importante marxe de mellora", recoñecen desde o club azul.

Desta forma son xa dúas os xogadores confirmados para o próximo proxecto teucrista na máxima categoría ás ordes de Luís Montes, o propio Andrés Moyano e Samu Gómez.