Antía Chamosa faise co bronce europeo sub-23 nos 20 quilómetros marcha

Pontevedra
10 de xullo 2021

Antía Chamosa segue facendo historia alá por onde vai. A atleta pontevedresa, que vía lonxe subirse ao podio no Campionato de Europa sub-23, pelexou contra vento e marea para lograr a súa mellor marca persoal e, con ela, a medalla de bronce, nun tempo de 1 hora 35 minutos e 18 segundos

Antía Chamosa faise co bronce no Campionato de Europa sub-23 Federación Española de Atletismo

Antía Chamosa segue facendo historia alá por onde vai. A atleta pontevedresa, que vía lonxe subirse ao podio no Campionato de Europa que se está disputando en Estonia, pelexou contra vento e marea para lograr a súa mellor marca persoal e, con ela, a medalla de bronce.

A marchadora da Ximnástica desprazouse a Tallín para competir coa Selección Española de atletismo nos 20 quilómetros marcha do Europeo sub-23 e, ás 19:00 horas do venres, púxose en liña de saída para disputar a tan ansiada carreira.

E se a algo nos afixo Chamosa é a vela cunha medalla colgada no pescozo, e nese momento non ía ser menos. Mantendo a calma en todo momento sen deixarse presionar polos seus rivais, a pontevedresa apertou o acelerador para facer o propio e rebaixar en máis dun minuto e vinte segundos a súa mellor marca persoal.

Concretamente, alcanzou a meta en 1 hora 35 minutos e 18 segundos, tempo que lle permitiu facerse co terceiro mellor crono de Europa sub-23, só por detrás da turca Meryem Bekmez (1:33:00) e da francesa Pauline Stey (1:35:18).

Esta medalla non só supón un gran fito para o atletismo pontevedrés, senón para o español, que no que vai de campionato xa logrou cinco metais a falta dunha fin de semana chea de semifinais e co que poderán bater o récord de 10 podios nesta competición