Boas noticias para o Poio Pescamar, que recupera a Antía Pérez coa vista posta na próxima tempada.
A xogadora vermella, que sufriu unha rotura de ligamento cruzado no seu xeonllo dereito e foi operada con éxito no mes de novembro, xa está preparada para volver á cancha. Así o anunciou a xogadora a través da súa conta de Twitter:
Antía, que fora operada dunha lesión de igual gravidade pero na súa outra perna a anterior campaña, xa ten o alta despois de "pasar estos dos mal tragos".
Desta maneira, a futbolista ourensá xa está preparada para competir por terceira tempada consecutiva no conxunto conserveiro "después de estar dos temporadas sin poder disfrutar de mi pasión".