Terceira baixa na Sociedad Deportiva Teucro dentro da planificación deportiva para a próxima tempada.
Federico Wermbter non seguirá defendendo a portería do conxunto pontevedrés na División de Honra Prata, tal e como confirmou a entidade teucrista.
O gardameta arxentino pon fin desta forma a dous anos no club da Boa Vila, uníndose a unha lista de saídas que completan polo momento Samu Pereiro e o canteirán David Rey.
Ata a data o Teucro renovou o contrato da súa adestradora, Irene Vilaboa, e de seis xogadores máis: Caue Herrera, Miguel Sío, Alejandro Gómez, Víctor Deco, Iago Rodríguez e Pedro Sánchez.