Laura Uña e Elena estrean as renovacións de xogadoras no Poio Pescamar

Poio
14 de xuño 2023
Actualizado: 21:35

O conxunto vermello asegurouse a continuidade da súa máxima goleadora a pasada campaña, Laura Uña, que vivirá desta forma a súa segunda campaña na Seca, e tamén da gardarredes Elena

Laura Uña, no partido de liga entre Poio Pescamar e Roldán na Seca
Laura Uña, no partido de liga entre Poio Pescamar e Roldán na Seca / Cristina Saiz

O gol cotiza caro, e iso é o que se asegurou o Poio Pescamar coa primeira renovación no seu plantel, máis aló da do técnico Luis López-Tulla.

Laura Uña seguirá un ano máis no equipo vermello, afrontando a que será a súa segunda campaña na Seca.

A futbolista cántabra, de 26 anos, aterrou no Poio o pasado verán procedente do ourense Envialia, e convenceu ao club co seu gran rendemento. De feito concluíu a tempada como máxima goleadora do equipo con 19 tantos en liga, 1 en Copa da Raíña e 1 máis en Copa Galicia.

Ademais o cadro conserveiro atou a continuidade da gardameta Elena, responsable xunto a Sandra Buzón de ser o equipo menos goleado da liga.

Con estos movementos o Poio Pescamar inaugura o capítulo de renovacións no seu plantel, tras a baixa anunciada da arxentina Julia Dupuy.