O taekwondista do Mat's de Marín Iván García acadou a medalla de ouro no Open de España sénior, que se celebrou esta fin de semana en La Nucia. Foi un campionato dunha elevada calidade, no que participaron preto de 500 deportistas o no que se puxo a proba o novo regulamento.
Na categoría de máis de 87 kilos de peso, Iván García non perdeu nin un asalto en todo o campionato. Comezou a súa racha triunfal ante Jorge Murillo (Aragón), en cuartos de final derrotou ao olímpico Seidou Gbane (Costa de Marfil) e en semifinais supeorou ao representante de Líbano, Ray Rahye, novamente en dous asaltos.
Na final agardaba Ayoub Bassel (Marrocos). Foi o combate máis igualado e tenso, aínda que finalizou con vitoria galega en dous asaltos.