Memorias de ascensos e grandes batallas granates no Teatro Principal

Pontevedra
11 de outubro 2016

Nomes imporantes na historia e ascensos do Pontevedra ao longo dos anos como Tito Estévez, Ceresuela, Calleja, Luís Rivas, Milucho e José Aurelio Gay, ademais da actual presidenta, inauguran no Teatro Principal o ciclo de charlas do 75 aniversario da entidade

Charla sobre a historia do Pontevedra polo seu 75 aniversario Diego Torrado

O Teatro Principal acolleu este martes a primeira das charlas enmarcadas nos actos de celebración do 75 aniversario do Pontevedra Club de Fútbol.

Foi ademais a charla con máis carga histórica sobre a entidade granate, coa presenza dalgunhas figuras crave nos ascensos do equipo ao longo dos anos e tamén de malos momentos.

É o caso de Milucho, que foi xogador, adestrador e chegou mesmo a administrar o club cando non contaba con directiva. Milucho representaba na charla o ascenso de 1984, pero alí estaban tamén Tito Estévez (ascenso de 1960), Ceresuela e Calleja (1963), Luís Rivas (1976) e José Aurelio Gay (2004), ademais da actual presidenta, Lupe Murillo, e o moderador Xabier Fortes.

Os coloquios sobre fútbol e o Pontevedra terán continuidade ata o venres, comezando este mércores (20:00 horas) cun diálogo sobre 'fútbol e literatura' entre o xornalista Manuel Jabois e Jorge Valdano.

Pola súa banda o xoves os protagonistas serán o ex-seleccionador nacional Vicente Del Bosque e o médico do combinado nacional, con pasado no Pontevedra, Juan Cota. Mentres o venres será a quenda dos xornalistas deportivos Santiago Segurola, Roberto Palomar e Ramón Besa.

Arquivado en