O árbitro pontevedrés Alejandro Muñiz ascende a Primeira División: "Aún me tiembla todo"

Pontevedra
21 de xuño 2021

Case tres décadas despois Pontevedra contará cun árbitro na máxima categoría do fútbol nacional grazas ao ascenso de Alejandro Muñiz Ruiz, culminando unha progresión meteórica tras só dous anos como colexiado en Segunda

Alejandro Muñiz, durante o Mirandés-Fuenlabrada da xornada 11 da Segunda División 19/20
Alejandro Muñiz, durante o Mirandés-Fuenlabrada da xornada 11 da Segunda División 19/20

Case tres décadas despois o Comité Técnico de Árbitros de Pontevedra volverá ter representación na Primeira División. Será grazas a Alejandro Muñiz Ruiz, confirmado este luns como un dos dous colexiados que dan o salto á máxima categoría.

Con apenas 30 anos e tras só dúas tempadas en Segunda, Muñiz Ruiz chega á elite cunha progresión meteórica para suceder desta forma a Segundo Bello Blanco, retirado na 93-94 cando exercía entre Primeira e Segunda División.

"Aún me tiembla todo", recoñeceu a PontevedraViva pouco despois de recibir a noticia do seu ascenso. "Llevo muy poco, la verdad que no contaba. Pero bueno éramos seis y tenían que subir dos, opciones matemáticas había", explica.

No seu camiño pasou polas categorías autonómicas e nacionais ata a súa chegada a Segunda  B na 2014-2015. Desde entón cinco campañas na categoría de bronce antes de subir a Segunda, onde arbitrou 41 encontros nos dous últimos cursos consolidándose desde moi pronto como un dos mellor valorados da liga.

Alejandro Muñiz: "España ten un nivel arbitral brutal por moitas críticas que recibamos. Intentaré estar a la altura"

"En un momento así se le pasan muchas personas por la mente", asegura Alejandro Muñiz acordándose de "muchísima gente que me ha apoyado y sobre todo que me ha formado todos estos años. Muchos asistentes que he llevado en la banda y que han hecho posible esto, porque a final no arbitro yo sólo. Tanto Adrián (Díaz) como Fabián (Blanco) que me han acompañado en Segunda División estos dos años ellos se han quedado y me han empujado a dar el salto, no he saltado yo sólo. E incluso en Segunda B me acuerdo de todos, esto no es cosa de un día".

No horizonte asoma agora unha experiencia nova na elite, pero iso non asusta ao colexiado do CTA de Pontevedra, que avanza que "voy a trabajar para estar al nivel lo más rápido posible de los compañeros que son unos auténticos monstruos", porque que quede claro "España tiene un nivel arbitral brutal por muchas críticas que recibamos", defende sinalando que "intentaré estar a la altura". Seguro que así será.