O Arxil traballa na chegada de tres fichaxes

Pontevedra
11 de xuño 2019

Ademais, tras a marcha de Arantxa Mallou e Gala Mestres, a prioridade é lograr a continuidade do resto de xogadoras nacionais para o seu novo proxecto na Liga  Feminina 2

Mayte Méndez, nun partido de Copa Galicia do Arxil Diego Torrado

Tres fichaxes. Ese é o obxectivo que se marcou o Club Baloncesto Arxil para cubrir as importantes baixas no seu plantel para o seu novo proxecto na Liga Feminina 2.

A entidade pontevedresa pretende ademais pechar as renovacións do núcleo nacional do equipo, tras as saídas de Arantxa Mallou e Gala Mestres, ás que se lles ofreceu sen éxito a renovación. Desta forma a entidade pretende que continúen Carla Fernández, María Lago, Cristina Díaz-Pache, Aldara Vázquez, Margarita Moreira, Alessandra Ghisleni, Noa Casalderrey, Adriana Aparicio, Lara e Mandiara.

Sen Mallou nin Mestres, e tampouco sen as foráneas Chantelle Pressley e Cassandra Oursler, clave será para o Arxil acertar nas fichaxes, buscando xogadoras que de peso que acheguen un salto de calidade.

Neste sentido a directiva traballa na chegada de, en principio, tres xogadoras. En concreto trátase dunha pívot, unha aleiro tiradora e unha xogadora máis versátil que poida xogar tanto de aleiro como de escolta. Con dúas delas, aseguran, as negociacións están xa moi avanzadas.

O outro foco de atención estival para o club céntrase como cada ano no apartado económico, buscando o financiamento e apoios que lle permitan manterse na elite nacional.