O pontevedrés Muñiz Ruiz recibe o premio a mellor árbitro de Segunda División da tempada 20/21

Pontevedra
20 de setembro 2021

O colexiado pontevedrés, que xa debutou este curso en Primeira División, recibiu o premio Vicente Aceved  

Alejandro Muñiz recibe o premio Vicente Acevedo da tempada 2020/2021 CTA

O árbitro galego de Primeira División Alejandro Muñiz Ruiz recibiu o premio Vicente Acevedo como o mellor árbitro de Segunda División da tempada 2020/2021. Este galardón supón o broche de ouro a un curso no que conseguiu dar o salto á máxima categoría do fútbol español. No acto estivo acompañado polo presidente do Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol, Bernardino González Vázquez.

O Comité Técnico de Árbitros da Real Federación Española de Fútbol entregou os premios Vicente Acevedo aos mellores árbitros das tempadas 2019/2020 e 2020/2021. Uns galardóns que non se puideron entregar antes debido ás condicións excepcionais provocadas pola pandemia da Covid-19.

O presidente do Comité Técnico de Árbitros, Carlos Velasco Carballo, foi o encargado de entregarlles un galardón que premia toda unha campaña. "Es un reconocimiento a la labor de una temporada, de muchos entrenamientos, partidos, viajes... ser nombrado el mejor es para darle valor", destacou o máximo responsable da arbitraxe española na súa alocución aos premiados.