O primeira liña Natan Suárez súmase ao proxecto do Teucro

Pontevedra
31 de maio 2018

O novo xogador catalán, internacional xuvenil coa Selección Española, convértese na terceira fichaxe dos pontevedreses. Chega ao cadro teucrista procedente do Agustinos de Alacante e firma por unha tempada con opción a unha  seguna 

Natan Suárez, na súa presentación co Agustinos CD Agustinos Alicante

A Sociedad Deportiva Teucro confirmou este xoves á que é a súa terceira fichaxe para a próxima tempada,.

Trátase de Natan Suárez, xogador xoven nado en 1998 e internacional xuvenil que procede do Agustinos de Alacante, con quen debutou este ano na División de Honra Prata.

Natan foi, a pesar de dúas lesións ao longo do curso, peza importante no seu equipo para lograr a permanencia na categoría, e realizou un gran encontro en Copa do Rei ante o Teucro, anotando 9 goles.

O catalán móvese con soltura na primeira liña, onde pode actuar como central ou como lateral. Del destaca "a súa velocidade e a súa potencia", recoñeceu o adestrador azul, Luís Montes, e ademais "é un xogador de calidade nas transicións e cun gran un contra un que nos pode achegar moito gol". Tamén se espera que achega en tarefas defensivas como avanzado ou no posto de segundo defensor.

A súa chegada ao Teucro supoñerá o seu debut na máxima categoría do balonmán nacional. Firma co equipo pontevedrés por unha tempada con opción a unha segunda.