Patinazo do Teucro en Carabanchel (31-27)

Pontevedra
24 de setembro 2016

Non acaba de coller velocidade de cruceiro o Teucro neste inicio de tempada. Nesta ocasión a súa irregularidade e erros, especialmente nos minutos finais, custáronlle a segunda derrota en tres partidos, fronte a un recentemente ascendido como o BMC Carabanchel, que sinxelamente tivo máis fe nas súas posibilidades, e soubo xogar mellor os momentos craves dun partido igualado, que se resolveu nos últimos dez minutos

Partido entre MMT Seguros Zamora e Teucro www.zamora24horas.com

Non acaba de coller velocidade de cruceiro o Teucro neste inicio de tempada. Nesta ocasión a súa irregularidade e erros, especialmente nos minutos finais, custáronlle a segunda derrota en tres partidos, fronte a un recentemente ascendido como o BMC Carabanchel, que sinxelamente tivo máis fe nas súas posibilidades, e soubo xogar mellor os momentos craves dun partido igualado, que se resolveu nos últimos dez minutos.

Se alguén se pensaba que o camiño de retorno a Asobal ía ser de rosas, especialmente despois dunha ilusionante pretemporada dos de Quique Domínguez, vencedores da Copa Galicia, apenas tres xornadas con dúas derrotas a domicilio nelas, bastaron para deixar ver as espiñas que enchen un camiño difícil e complicado.

En terras madrileñas os azuis volveron a dar a de area, como sucedese 15 días antes en Zamora. Unha primeira parte marcada pola igualdade e alternativas no marcador, sempre con curtas vantaxes para un e outro equipo, o empate ao descanso (14-14), deixaba as cousas pendentes para a segunda metade.

A segunda parte non comezou mal para os de Quique Domínguez, que lograron unha curta renda de dous goles e chegaron por diante ao minuto 40 de partido (19-20), pero a partir de aí o equipo afundiuse e BMC comezou a crer que o seu soño de conseguir a primeira vitoria da súa historia en División de Honra Prata era posible. Cun parcial de 4-2 deron a volta ao marcador, para entrar con vantaxe mínima nos dez minutos finais (25-24).

O Teucro caeu nunha profunda fochanca, estrelouse contra a defensa madrileña, convertendo en protagonista ao seu porteiro Gonzalo Areas. A consecuencia foi que a diferenza creceu ata os tres goles (29-26) para entrar nos últimos cinco minutos, nos que os azuis se mostraron impotentes e sen ideas, para terminar cedendo de forma sorprendente, deixando escapar os dous puntos.

Consulta aquí o acta do partido.