Renovación no Arxil, que acorda a continuidade de Cristina Díaz-Pache

Pontevedra
07 de xullo 2017

Será a sétima campaña da xogadora nas filas do equipo verde, ao que chegou procedente do Universitario Ferrol no seu primeiro ano senior. A pasada tempada foi a sexta xogadora máis usada por Mayte Méndez con máis de 20 minutos de medio por encontro

Cristina Díaz-Pache nun partido entre Arxil e Aros León Diego Torrado

Sen présa pero sen pausa o Arxil avanza na composición do seu primeiro plantel, e este venres anunciou a renovación de Cristina Díaz-Pache.

A xogadora, que pode actuar nos postos de aleiro ou ala-pívot, foi a pasada campaña a sexta xogadora máis utilizada por Mayte Méndez con 20  minutos de media por encontro, alternando a súa presenza no primeiro equipo con aparicións no filial.

Será a sétima tempada na que Cristina defenderá a camiseta do club verde, ao que chegou procedente do Universitario de Ferrol no seu primeiro ano senior coa intención de iniciar estudos superiores no campus pontevedrés.

Grazas á súa polivalencia, foi ano a ano gañando peso no equipo e formará parte do plantel de Liga Feminina 2.

Cristina Díaz-Pache únese así á renovadas María Lago, Arantxa Mallou e Carla Fernández e á fichada Tatiana Mosquera, xogadoras confirmadas polo momento polo Arxil para o seu próximo proxecto deportivo.