Por segunda vez esta tempada o céspede do Estadio Municipal de Pasarón foi cuberto por unha importante capa de area.
Trátase dun tratamento intensivo, que xa levou a cabo a metade do mes de setembro, complementado co picado do terreo de xogo e co que se trata de mellorar a súa consistencia e aspecto xeral durante a época de choivas.
Todo iso porque os últimos partidos, algúns deles disputados con mal tempo, afectaron ao verde, deixando unha superficie branda e irregular especialmente nalgunhas zonas do campo.
Para tentar mitigar esta situación e aproveitando o parón do Nadal, os operarios que se encargan de manter o estadio pontevedrés apostaron por repetir a achega de area.
Cabe lembrar que tras o duelo contra o Arenas os granates non volverán xogar no seu estadio en practicamente tres semanas.
Este domingo 201 de decembro despedirán o ano en Barakaldo e non volverán competir até o sábado 3 de xaneiro.
Ese será o primeiro encontro que se dispute en Pasarón tras os novos coidados, contra o Racing de Ferrol, nun duelo que foi declarado de 'alta rega'.
A estas dúas intervencións no céspede súmase ademais a acometida ao comezo de liga debido á aparición dun fungo que afectada á herba.