Un árbitro pontevedrés entre os elixidos para dirixir o playoff de ascenso a Segunda B

Pontevedra
22 de maio 2020

Alberto Gómez Lameiro, do comité pontevedrés, está entre os 28 xuíces seleccionados polo Comité Técnico de Árbitros para a fase de ascenso exprés deseñada pola RFEF

Alberto Gómez Lameiro, árbitro pontevedrés de fútbol Federación Galega de Fútbol

O Comité Técnico de Árbitros acaba de facer oficial a elección dos colexiados que arbitrarán os partidos do playoff exprés de ascenso a Segunda B e entre os elixidos está un árbitro pontevedrés.

Alberto Gómez Lameiro, adscrito ao comité pontevedrés, exercerá de árbitro ou cuarto árbitro nestas eliminatorias. A convocatoria inclúe tamén ao árbitro asistente do comité vigués Cristian Vázquez Martínez.

A lista está integrada por 28 árbitros, catorce actuarán como principais e outros catorce como cuartos, e 28 asistentes.