Segunda medalla para o deporte pontevedrés nos World Games ou Xogos Mundiais que se celebran na localidade estadounidense de Birmingham e que reunen a atletas de todo o mundo en modalidades deportivas que non están presentes no calendario olímpico.
Tras a prata conseguida pola caldense Antía García na competición de salvamento, Melania Rodríguez fíxose cunha espectacular medalla de ouro na ximnasia trampolín, na modalida de dobre minitramp (DMT).
A deportista do Club Ximnasia Pontevedra-Burgas Ourense chegaba á cita como aspirante ao podio, e non defraudou desde os seus primeiros saltos.
Comezou cun primeiro salto na clasificación de 24.800 puntos que foi subindo a cada intento. Pechou a quenda inicial cun 26.200, asinou un 26.400 para meterse na final para concluír a súa participación co seu mellor salto, o decisivo, de 26.600 puntos.
Melania superou na clasificación finl á neozelandesa Bronwyn Dibb e á sueca Lina Sjoeberg, prata e bronce respectivamente.
Todo un logro para a ximnasta bolseira no Centro Galego de Tecnificación Deportiva no que era o seu gran reto do ano, antes de centrarse a próxima tempada en buscar a clasifiación olímpica para París 2024 na modalidade de trampolín.